Festas de San Mamed
Manuel Ángel Pombal Diego / Pedornes
A parroquia de Pedornes (concello de Oia) celebra as festas na honra ao seu patrón San Mamed o día 7 de Agosto, que é festivo local no concello de Oia, organizadas pola Asociación Cultural “San Mamed”. O luns día 6 ás 13:00 h houbo unha gran tirada de fogos anunciando o comezo das festas.
O martes día 7 ás 8:00 h haberá unha salva de bombas de palenque. Ás 10.30 h fará a súa entrada a Banda de Música Agrupación Musical de A Guarda, que percorrerá a parroquia ofrecendo pasarrúas.
Ás 12.30 h celebrarase unha misa solemne con sermón e procesión cantada pola coral da Asociación Santa Eulalia de Donas. Xa pola tarde, a partir das 18.30 h. haberá un inchable gratuíto para todos os nenos que se acerquen por Pedornes.
Ás 20:30 h o trío OFF ROOM ofrecerá un concerto no Centro Cultural da parroquia. Finalmente, as festas rematarán cunha verbena amenizada polo grupo Aramio e a orquestra Hiroshima.
Colaboran: Veciños de Pedornes, Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Pedornes, Deputación de Pontevedra-Pontegal e Concello de Oia.
Os membros da comisión de festas aproveitan a ocasión para agradecer moi sinceramente a colaboración recibida polos veciños de Pedornes e arredores para poder organizar estas festas na honra de San Mamed.
Graciñas e ¡Felices Festas a todos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario