20 de ago. de 2018

OIA

TRIBUNA ABERTA

POSICIONAMENTO DA AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE OIA SOBOR DO MOSTEIRO




 1º-. O PSOE ten como premisa o respecto á lei. 

 2º-. O PSOE, ao contrario que outros, non cree que a propiedade privada sexa un roubo, iso déixaselle para Proudhon, Bakunin e seus modernos discípulos. 

 3º-. Se queren buscar culpables debe mirarse cara outro lado, o PSOE nos 5 meses que gobernou levou dúas veces a pleno a aprobación puntual da modificación das normas subsidiarias que afectaban ao Mosteiro de Oia para que se puidera desatascar o procedemento, ámbalas veces foi rexeitado, non contentos con iso e despois da visita xirada polos parlamentarios galegos María Pierres (PSOE) e Abel Losada (PSOE), en febreiro do 2017, ambos presentaron unha iniciativa parlamentaria para que a Xunta de Galicia se implicase no desbloqueo da situación, obviamente a Xunta demostrou que non tiña ningún interese niso. 

 4º-. O PSOE mantén a súa aposta polo proxecto presentado pola empresa propietaria para a rehabilitación do Mosteiro e o seu aproveitamento como hotel, con prazos consensuados entre a administración e a empresa propietaria e só no caso do incumprimento das súas obrigacións estaría a favor da expropiación, posicións distintas non deixan de ser un brinde ao sol e un engano aos veciños de Oia.

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario