Dentro da iniciativa do Concello de A Guarda, Música nas prazas
BIEITOSOLO, ACTÚA O VENRES DÍA 24 DE AGOSTO, ÁS 22:00 H., NA PRAZA DE SAN AMARO
Lucía Martínez Diz / Camposancos
Este venres, dentro da iniciativa do Concello de A Guarda, Música nas prazas, contamos coa actuación de BieitoSolo, un músico camposino, que combina a sensibilidade da música de autor, con guiños de groove e a sensualidade do smooth jazz.
Sorprende a fluidez coa que vai creando as súas pezas musicais, añadindo e grabando os distintos instrumentos e voces, para acabar nunha verdadeira obra multi-instrumental.
No Terreiro - tamén coñecido como Praza de San Amaro - contaremos cun posto de vermouth e cervexa artesá, que poderemos degustar acompañado dun pincho mentras admiramos as vistas ao noso río e disfrutamos da boa música de BieitoSolo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario