A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA ACHEGA MÁIS DE 6.000 EUROS AO CONCELLO DE OIA PARA O SUBMINISTRO DUNHA CISTERNA
A institución provincial xa entregou 148.617,36 euros ao municipio do Baixo Miño no marco do Plan Concellos 2018
Infogauda / Oia
A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar, mediante resolución provincial, unha nova axuda ao concello de Oia por un valor de 6.655 euros ao abeiro do Plan Concellos 2018. Trátase dunha achega para o subministro dunha cisterna a este concello do Baixo Miño.
Ademais desta cantidade, o Plan Concellos xa adxudicou anteriormente varias axudas para o municipio. En concreto,42.062,92euros na liña 2 destinados a actividades culturais, a gastos de limpeza en edificios municipais e a consumo eléctrico. Tamén, outros 99.899.44 euros destináronse á contratación de 9 traballadores/as, dentro da liña 3.
Ata este momento, a Deputación xa entregou 148.617,36 euros de 757.063,55 totais destinados ao concello de Oia no Plan Concellos 2018.
Ningún comentario:
Publicar un comentario