IMAXES ANTIGAS E MODERNAS DE CUBA, E SELECCIÓN DE MÚSICA CUBANA DO SÉCULO XX
Sábado 18 de agosto, ás 20:00 h., na Casa Cultural da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos
· Coa participación de Ignasi Castelló Vidal
· Coa participación de Ignasi Castelló Vidal
José Fernando Martínez Martínez / Camposancos
Dende a Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos informamos que o próximo sábado día 18 de agosto ás 20:00 horas, Ignasi Castelló Vidal (*) nos acercará a Cuba con video, música e palabras.
Non dudamos que será moi interesante, polo que convidamos a todas as personas interesadas en coñecer parte da cultura cubana que se acheguen a Casa Cultural de Camposancos.
Entrada de balde ata completar o aforo.
* IGNASI CASTELLÓ
Joan Ignasi Castelló Vidal (Barcelona, 1947), doutor en Bioloxía; hoxendía Catedrático Emérito da Universitat Rovira i Virgili; profesor asociado a Tempo Parcial na Universidad de Lleida, Departamento de Producción Vexetal e Ciencia Forestal, con experiencia docente en Bioquímica e Bioloxía Molecular, Microbioloxía Industrial, Biotecnoloxía, Xenética i Enoloxía, Investigación en microbioloxía ambiental e industrial, sobor de todo en bacterias lácticas de alimentos, e especialmente do viño; foi responsable de Ensino, Director de Departamento e Decano da Facultade; director do Servei de Parcs Naturals i de l’Oficina Tècnica de Prevenció Municipal d’Incendis Forestals de la Diputació de Barcelona (1983 – 2012); dúas veces campión de España co equipo de Rugby Cisneros, de Madrid; é autor do libro “El bosc immobilitzat. Evolució històrica i anàlisi crítica de la política forestal catalana (1980-2014)”; músico e compoñente da banda de jazz Los Amigos de Peter, colaboura cando está en Camposancos, coa Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda.
Gracias Ricardo por a atención con que nos tratas na cobertura informativa que é imprescindible e cuando se fai, como é no teu caso, de maneira meticulosa xa é o non vai mais, este tema como todos os que publicas o traballaste con muito mimo. Gracias
ResponderEliminar