A Guarda oferta esta fin de semana numerosas actividades
· Cinema, deportes, exposicions, obradoiros, visitas guiadas o Monte Santa Trega,... para todos os públicos
Infogauda / A Guarda
· Cinema, deportes, exposicions, obradoiros, visitas guiadas o Monte Santa Trega,... para todos os públicos
Vista parcial do barrio de pescadores de A Guarda
Foto: Infogauda
Infogauda / A Guarda
A Guarda congrega, unha fin de semana máis, numerosas actividades de diferente temática e para todos os públicos dende a xornada deste venres e ata o vindeiro domingo, unha axenda moi completa para gozar da vila mariñeira. Exposicións, obradoiros ou visitas guiadas, son algunhas das ofertas que serven de atractivo para os veciños e visitantes nesta fin de semana do 17 ao 19 de agosto.
Programación por días:
Venres 17
A Sala de Exposicións da Casa dos Alonso acolle a exposición fotográfica «Así Somos», de Mac Kraja, que recolle a través de imaxes o día a día da poboación guardesa, en horario de 12:00h a 14:00h e de 19:00h a 22:00h.
Este venres ás 12:00h o Concello de A Guarda convida a todo o que o desexe a achegarse ata o espigón do Porto da Guarda, nas proximidades da Atalaia, para participar na presentación do proxecto artístico «A Guarda escrita nas estrelas» que conlevará o pintado do contradique de Punta Xenete, que terá inicio nos vindeiros días e no que poderá participar a cidadanía.
Ás 22:00h terá lugar na Praza do Reló a derradeira proxección do Cinema de Verán con “Bebé Jefazo”, unha divertida proxección recomendada para público infantil sobre o impacto que ten a chegada dun novo fillo/a á familia.
A Sala de exposicións do Centro Cultural da Guarda acolle dende o martes 7 de agosto e ata o 18 de agosto a Exposición de fotografía «Trieb», da autoría de Jesús Rodríguez Ortíz e que se pode visitar nas instalacións do Centro Cultural da Guarda, en horario de luns a venres de 9:00h a 14:00h .
Sábado 18
Durante a xornada deste sábado realizaranse 3 visitas guiadas ao Monte Santa Trega, ás 11:30h con saída do Castro e ás 12:30h e 17:00h con saída dende o Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega( MASAT).
A Sala de Exposicións da Casa dos Alonso da Guarda acolle a Exposición fotográfica «Así Somos», que pode visitarse en horario de 12:00h a 14:00h e de 19:00h a 22:00h.
Tamén na Casa dos Alonso, este sábado día 18, ás 12:00 h., haberá un obradoiro de redeiras, aberto a tódolos públicos, que será desenvolvido por compoñentes da Asociación de Redeiras do Baixo Miño Atalaia, de A Guarda.
Para inscribirse hai que chamar o teléfono 986 611 850 ou remesar un correo electrónico o seguinte enderezo:
culturaguarda@gmail.com
Tamén na Casa dos Alonso, este sábado día 18, ás 12:00 h., haberá un obradoiro de redeiras, aberto a tódolos públicos, que será desenvolvido por compoñentes da Asociación de Redeiras do Baixo Miño Atalaia, de A Guarda.
Para inscribirse hai que chamar o teléfono 986 611 850 ou remesar un correo electrónico o seguinte enderezo:
culturaguarda@gmail.com
A Sala de exposicións do Centro Cultural da Guarda acolle este sábado a derradeira xornada de visitas da exposición de fotografía «Trieb», da autoría de Jesús Rodríguez Ortíz e que se pode visitar de 10:00 a 13:00h.
Na xornada do sábado o Concello de A Guarda tamén convida a visitar no Museo do Mar a exposición “As achegas das mulleres á sustentabilidade do mar” que dentro do proxecto “Sustentabilidade en feminino”, busca amosar as achegas das mulleres ao desenvolvemento sustentable e á conservación dos nosos mares. Os horarios de visita son: de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 h., os sábados, domingos e festivos.
As instalacións da praia do Codesal (Camposancos) acollen dende este sábado o Campionato de Volei Praia, unha cita deportiva que xa se consolida coma un clásico do calendario deportivo do verán na vila da Guarda, evento organizado por Volei Baixo Miño con categorías mixta, feminina e masculina.
Domingo 19
Na xornada do domingo pódese visitar no Museo do Mar a exposición “As achegas das mulleres á sustentabilidade do mar” en horario 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h.
A Sala de Exposicións da Casa dos Alonso da Guarda acolle a Exposición fotográfica «Así Somos», que pode visitarse en horario de 12:00h a 14:00h.
Durante a xornada deste domingo realizaranse 3 visitas guiadas ao Monte Santa Trega, ás 11:30h con saída do Castro e ás 12:30h e 17:00h con saída dende o Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega (MASAT).
As instalacións da Praia do Codesal acollen o domingo a segunda xornada do Campionato de Volei Praia, con categorías mixta, feminina e masculina.
Ningún comentario:
Publicar un comentario