Obradoiro coas redeiras guardesas
O sábado día 18 de agosto, ás 12:00 h., na Casa dos Alonso
Na imaxe de arquivo, xóvenes guardesas atando redes a carón da Ribeira
Foto: C. A. G.
Infogauda / A Guarda
A Casa dos Alonso da Guarda acollerá o sábado día 18 de agosto ás 12:00 horas, un obradoiro/demostración do oficio das redeiras que se inclúe como actividade complementaria á exposición Así Somos, con fotografías de Mac Kraja, que se atopa neste espazo dende o pasado 20 de xullo.
Esta actividade, de carácter aberta e para todos os públicos, contará coa colaboración da Asociación de Redeiras do Baixo Miño Atalaia, onde amosarán as súas experiencias neste sector, tan importante para A Guarda e para o mundo do mar.
No obradoiro explicarán aos presentes como é o seu traballo, que utensilios empregan e cales son os diferentes tipos de redes que se poden facer, segundo o arte de pesca, sen dúbida unha xornada especial para achegarse a unha actividade vencellada desde moi antigo, co mundo da pesca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario