9 de ago. de 2018

A GUARDA

FESTA DEGUSTACIÓN DO MEXILÓN
FESTAS DO MONTE SANTA TREGA, 2018

Os días 14 e 15 de agosto, 2018 na Alameda


Infogauda / A Guarda


 A Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva O Cancelón, organiza a VI Festa Degustación do Mexilón Festas do Monte, 2018.

 O evento gastronómico, con prezos populares. celebrarase os días 14 e 15 de agosto, na Alameda de A Guarda.

 O martes día 14, de 14:00 a 24:00 h. e o mércores día 15, a partir das 11:00 h., abrirase á carpa.

 De comida haberá: mexilóns, berberechos, empanada, pementos, zorza, callos, orella, chourizos,...

 Os dous días haberá actividades: Inchables para nenas/os, feira de artesanía, charangas, música,...

 Colaboran: Concello de A Guarda, Confraría de Pescadores "Santa Tecla", Deputación de Pontevedra e Turismo Rías Baixas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario