9 de ago. de 2018

TOMIÑO

O CONCELLO CELEBRA A SEXTA EDICIÓN DO CERTAME DE PINTURA AO AIRE LIBRE ANTONIO FERNÁNDEZ 

AS INSCRICIÓNS PODEN REALIZARSE DE FORMA TELEMÁTICA, NA WEB MUNICIPAL, OU BEN PRESENCIAL, O MESMO DÍA DO CONCURSO 

Infogauda / Tomiño

 Un ano máis, o Concello de Tomiño organiza o Certame de pintura ao aire libre Antonio Fernández. Unha cita cultural á que asisten moitos artistas da comarca e outros puntos de Galicia, para pintar no entorno do Espazo Fortaleza de Goián.  

 A cita desta sexta edición será o día domingo 19 de agosto e poden participar, de balde, todas as persoas que o desexen, a partir dos 18 anos de idade.  

 A inscrición, totalmente gratuíta, pode realizarse telematicamente até o día venres 17 de agosto, ou ben, presencialmente, o mesmo día do certame, na Aula Antonio Fernández, de Goián (situada na Avenida Ordóñez, a carón da praza), entre as 9.30 e 11.30 horas.  

 O certame comezará entre ás 9.30 e as 11.30 horas do día 19 de agosto, na devandita aula-museo. Alí a organización procederá a selar e numerar os soportes das obras e dar as directrices precisas aos artistas participantes.  

 O xurado, composto por personalidades vencelladas ao mundo das artes e membros das entidades patrocinadoras, reunirase a partir das 19 horas para emitir o seu fallo media hora despois.  

 Os premios establecidos, patrocinados polo Concello e a Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Goián. son tres: 

1º Premio: 1.000€   
2º Premio:    500€   
3º Premio:    500€ 

 As obras premiadas e tamén as demais realizadas no certame, serán expostas no Mercado Municipal entre o 21 e o 31 de agosto, para que poidan ser visitadas por toda a veciñanza.  

 Para máis información, pódense consultar as bases do concurso na páxina Web do Concello de Tomiño ou chamar ao Departamento de Cultura (986 62 20 01/03) en horario de 8 a 14h.

Ningún comentario:

Publicar un comentario