30 de ago. de 2018

A GUARDA

A Guarda da a benvida a setembro 

 · Nunha fin de semana con actividades para todos os públicos  

Infogauda / A Guarda

 A Guarda prepárase para unha fin de semana na que se da a benvida ao mes de setembro, con exposicións, actividades deportivas, visitas guiadas e concertos para veciños e visitantes.  

 Programación por días  

Venres 31 de agosto:  


 A Sala de exposicións do Centro Cultural da Guarda acolle ata o 13 de setembro a Exposición de fotografía «Raíces Celtas en la Amazonía venezolana», da autoría de Oscar Noya-Alarcón e que se pode visitar nas instalacións do Centro Cultural da Guarda, de luns a venres, de 9:00h a 14:00h . 

Sábado 1 de setembro:  

 Durante a xornada deste sábado realizaranse 3 visitas guiadas ao Monte Santa Trega, ás 11:30h con saída do Castro e ás 12:30h e 17:00h con saída dende o Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega (MASAT). 


 Na xornada do sábado convidamos tamén a visitar no Museo do Mar a exposición “As achegas das mulleres á sustentabilidade do mar” que, baixo o proxecto “Sustentabilidade en feminino”, busca amosar as achegas das mulleres ao desenvolvemento sustentable e á conservación dos nosos mares, en horario 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h os sábados, domingos e festivos. 

 A Sala de Exposicións do Centro Cultural da Guarda acolle a mostra «Raíces celtas en la Amazonía venezolana» da autoría de Oscar Noya-Alarcón. Se pode visitar na mañá deste sábado en horario de 10:00h a 13:00h. 


 Na xornada do sábado, a partires das 16:00h, celebrarase na Gándara, o X Torneo da Cachiza, organización da Asociación de Veciños e Propietarios «O Percamino», incluido na programación das Festas das Mercedes.


 Ás 21:00h a Praza da Guía acolle a IX edición do «Serán da Guía», un evento musical que terá lugar a partires das 21:30h e que contará coas actuacións de varios grupos de pandereteiras da Guarda e da Comarca.  

 Domingo 2 de setembro:  

 Durante a xornada deste domingo realizaranse 3 visitas guiadas ao Monte Santa Trega, ás 11:30h con saída do Castro e ás 12:30h e 17:00h con saída dende o Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega (MASAT). 

 Na xornada do domingo o Concello convida a visitar no Museo do Mar a exposición “As achegas das mulleres á sustentabilidade do mar”.

 Os horarios do Museo do Mar son: De 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h, os sábados, domingos e festivos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario