O Concello entregou os diplomas do curso formativo de camareiros/as en bares e restaurantes
O alcalde, a concelleira de Turismo e a técnico da Oficiña Municipal de Turismo de A Guarda, con varios alumnas/os do curso de formación para camareiras/os que hoxe recolleron seus diplomas
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
O Salón de plenos do Concello da Guarda acolleu este venres día 3 de agosto, a entrega dos diplomas do Curso de Formación para camareiros/as de bares e restaurantes realizado nos pasados meses e que contou coa participación de 15 alumnos.
Durante o acto de entrega interviron o alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, e a concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes Álvarez. Ámbolos dous destacaron o esforzo realizado dende o concello para levar a cabo este tipo de actuacións, posto que consideran algo esencial de cara a profesionalización dun sector tan importante para A Guarda como é o Turismo e a Hostalaría, ofertando aos nosos visitantes un servizo de calidade e profesional.
Dentro da actividade formativa, que contou cunha duración de 82 horas, os alumnos e alumnas obtiveron tamén o Carnet de Manipulador de Alimentos, requisito indispensable para traballar na hostalaría.
A programación estivo deseñada para que as persoas participantes adquirisen as nocións básicas na adecuación do local, reposición de material, servizo de alimentos e bebidas en mesa e barra, e atención ao cliente no servizo de restaurante e bar.
Tamén se adicaron un total de 35 horas para a realización de prácticas en establecementos de hostalaría da Guarda e a súa contorna: Restaurante La Casa de la Abuela, Restaurante Casa Valladeiro, Restaurante Xeito, Restaurante Novo Funil, Restaurante O Cangrexal, Restaurante Riveiriña, Restaurante Os Remos, Restaurante Marusía, Restaurante Celtic, Cafetería O Forte, Restaurante Xantar, Cafetería Casa Aquilino e Cafetería Piano Bar Benedictus .
Ningún comentario:
Publicar un comentario