8 de ago. de 2018

A GUARDA

VII FESTA DO PERCEBE E DE PRODUTOS DA TERRA E DO MAR

· Celebrarase os días 24, 25 e 26 de agosto, na Alameda


Infogauda / A Guarda

 A Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva Alameda, coa colaboura do Concello de A Guarda, Confraría de Pescadores Santa Tecla, Deputación de Pontevedra e Turismo Rías Baixas, organiza a VII Festa do Percebe e de productos da Terra e do Mar. Este evento gastronómico celebrarase na Alameda de A Guarda, os días 24, 25 e 26 de agosto.

 O venres día 24 desde ás 9 da tarde ata ás 12 da noite.

 O sábado día 25 desde ás 12 do mediodía ata ás 4 da tarde, e desde ás 8 da tarde ata ás 12 da noite.

 E o domingo día 26, a partir das 11 da mañá.

 Ademais de percebes do noso mar, tamén haberá mexilóns, berberechos, empanada, pementos, zorza, callos, orella, chourizos,...

 Todos os días haberá actividades, inchables para nenas/os, feira de artesanía, charangas, música,...

Ningún comentario:

Publicar un comentario