Rematou a exposición fotográfica «Así Somos»
· Foi visitada por máis de 1.500 personas
Unha representación da Asociación Cultural de Alfombras da Guarda, xunto á alfombra que fixeron o sábado no interior da Casa dos Alonso
Fotos: Infogauda
O pasado domingo día 26 de agosto finalizou a exposición fotográfica «Así Somos», que dende o 20 de xullo se atopaba na Sala de Exposicións da Casa dos Alonso.
O longo do tempo en que estivo aberta o público rexistrou unha gran acollida tanto de veciños como de visitantes, con máis de 1.500 persoas que se achegaron a visualizar esta mostra, cun total de sesenta fotografías sacadas entre os anos 2014 e 2018 onde se reflexa o día a día dos veciños da vila.
O fotógrafo Marius Kraja (Mac)
As obras son da autoría do fotógrafo francés afincado na Guarda Marius Kraja. A organización e produción da mostra correu a cargo do departamento de Cultura do concello da Guarda.
A mostra fixo un repaso polos diferente oficios de veciños do municipio, con especial atención ós relacionados co mundo do mar, pero tamén os momentos de ocio, as festas e tradicións, estampas de vida cotiá,..., conformaron o espírito desta proposta.
A maiores, unha proxección recolleu máis de 200 fotografías onde o autor enfoca a vila mariñeira da Guarda dende o seu singular obxectivo.
Como novidade organizáronse dous obradoiros como actividades paralelas da exposición: O primeiro sobre o oficio das redeiras a cargo da Asociación de Redeiras do Baixo Miño “Atalaia” onde explicaron aos presentes como é o seu traballo, que utensilios empregan e cales son os diferentes tipos de redes que se poden facer, segundo o arte de pesca.
As/os alfombristas máis novas/os tamén colabouraon no obradoiro
O segundo obradoiro versou sobre as alfombras florais, a cargo da recentemente formada Asociación Cultural de Alfombras da Guarda. O obradoiro «Alfombras», de carácter aberto e para todos os públicos, tivo unha gran aceptación, e os participantes recibiron explicacións sobre o traballo da confección das alfombras florais na Guarda, como funciona esta interesante labor, de recollida previa de flores, follas, así coma os deseños que ano a ano se realizan para esta ocasión e que atraen a numerosos visitantes á vila guardesa.
Asemade, tamén os máis pequenos puideron participar confeccionando varias alfombras florais que quedarán expostas durante algúns días neste espazo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario