28 de ago. de 2018

A GUARDA

XII edición do Festival Bandas Vila da Guarda  

· O respectable público non quixo perderse ese evento musical

Os compoñentes das tres agrupación musicais participantes ofrecendo os seus primeiros acordes no Auditorio San Bieito
Fotos: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 Grazas a Agrupación Musical de A Guarda o municipio guardés  está, por dereito propio, no circuito de bandas de música do noso país, participando en intercambios con outras agrupacions - mesmo de fora de Galicia - e dándolle pulo a tradición musical do noso pobo e abrindo ás portas a tódalas persoas que desexen incorporarse.

 Proba sido tivémola, unha vez máis, afortunadamente, o sábado día 25 de agosto, no Auditorio San Bieito, co gallo da XII edición do Festival de Bandas Vila da Guarda, unha cita musical que contou este ano coa participación da Banda de Música da A.V.C.D. de Candeán, a Banda da Escola de Música de Rianxo e coma anfitrióa a Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda.  

David Álvarez Mariño, compoñente e presidente da Agrupación Musical de A Guarda, desenvolveu á labor de presentador da XII edición do Festival de Bandas Vila da Guarda

 Este concerto ao aire libre e con entrada de balde, tivo unha excepcional acollida de público, que encheu as bancadas do Auditorio de San Bieito.  

 As bandas participantes fixeron a entrada no recinto do Auditorio de San Bieito para proseguir coas súas respectivas actuacións. A primeira en facelo foi a Banda de Música da A.V.C.D. de Candeán, seguida da Banda da Escola de Música de Rianxo e para rematar sería a Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda. 

 O Festival Vila da Guarda constitúe un evento musical consolidado no calendario cultural da tempada estival na Guarda, contando cada ano cunha gran afluencia de público.

Ningún comentario:

Publicar un comentario