19 de ago. de 2018

A GUARDA

FOTOGRAFÍA

TRIEB: A PERSOALÍSIMA OLLADA DE JESÚS RODRÍGUEZ ORTIZ DE SALAZAR

De ascendencia guardesa, é médico en Bizkaia, e fotógrafo

Vista parcial da sala de exposicions do Centro Cultural da Vila de A Guarda, onde estivo TRIEB, de Jesús Rodríguez Ortiz de Salazar 
Fotos: Infogauda

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 TRIEB es impulso. Su origen una mirada.

 Así, dese xeito, aparentemente tan sinxelo, pero que ten unha historia intimista e moi persoal, define Jesús Rodríguez Ortiz de Salazar, a motivación da mostra de fotografías, que do 7 ao 18 de agosto, presentou no emblemático Centro Cultural da Vila de A Guarda.


 A exposición, que tivo por título xenérico TRIEB, estivo presidida por un expositor - feito no obradoiro de mobles do seu avó paterno -, no que se amosaban varias fotografías familiares de diferentes épocas, cáseque como unha árbore xenealóxica, nas que o propio fotógrafo, nunha breve  e grata conversa que mantivemos, nos foi informando dos nomes dos seus tíos, a maioría dos cales - agás Avelina e Teresa Rodríguez Sousa - residían lonxe de A Guarda, e cada verán, voltaban a nosa vila para disfrutar do apracible verán guardés.

 Ademáis desa xoia de moble, creado por un destro ebanista, Jesús Rodríguez Ortiz de Salazar presentou unha veintena de fotografías en blanco e negro, da súa autoría, enmarcadas en madeira wengué. Pero iso non foi o máis importante da exposición, senón o relato e o contido da mesma. 

 Na exposición, o fotógrafo da conta que seu pai, Jesús Rodríguez Sousa (A Guarda, 1924), finou o 29 de marzo de 2016.

 "(...) No derradeiro intre cruzámonos a mirada.

 Dese lazo, de seus ollos e da súa mirada, brota este traballo.

 Expreso os sentimentos que xerminan na miña alma por escrito e con imaxes.

 Viaxei desde Bilbao a A Guarda en tres ocasions durante o mesmo ano para realizar as fotografías que expoño (...)".

 Esa é a sipnose do relato persoal que nos descobreu Jesús Rodríguez Ortiz de Salazar. Unha persoa afable, comunicativa, próxima,... 

 As fotografías foron realizadas no porto de A Guarda, no Monte Santa Trega, na praia Area Grande e na desembocadura do río Miño. Enclaves todos eles, onde o ser humano disfruta do xeneroso legado da Natureza, do patrimonio arqueolóxico e do medio ambiente natural.

 No proceso das instantáneas, o autor, deliberadamente, envolve ás imaxes nunha bruma, onde ademáis do negro e do branco, hai toda unha gradación selectiva de grises, variacions de luminosidade,... En definitiva, a maxia da fotografía en b/n, onde flúe un diálogo imaxe-espectador, que varía en función da atención que o visitante lle adique o disfrute do que se lle amosa diante das súas retinas. 

 Ademáis das fotografías, Jesús compartiu cos visitantes da exposición poemas moi fermosos: "Irse así", "Alma", "El blanco", "El negro",...

 Entre eles, escolmamos o seguinte:


 "Alma"

Sumergí mi alma en la mar
Y en el negro
Mi cuerpo se dejó invadir por el frío
Y no lo sentí

Me dejé llevar por la Estela
Que me atraía y me acercaba (a ti)
Mi cuerpo, el mar, la estela y mi ser
Se hicieron uno
y......
Decidí volver a la orilla y quedarme
en el umbral
en el cruce de caminos.



 Foi un verdadeiro placer poder ademirar dúas facetas artísticas deste namorado de A Guarda e confiamos en que máis adiante, teñamos unha nova oportunidade de voltar a ollar súas obras.

JESÚS RODRÍGUEZ ORTIZ DE SALAZAR

 Jesús Rodríguez Ortiz de Salazar, de ascendencia guardesa - seu pai, era fillo do apreciado e relembrado industrial guardés D. Florindo Rodríguez Álvarez, xerente da empresa Florindo Rodríguez S. en C., coñecida popularmente como "Á Eléctrica", onde ademáis de producir enerxía ídem, tiña fábrica e almacén de mobles, serrería mecánica e muiños fariñeiros -, é médico pediatra e presidente da Sección de Pediatría da Academia de Ciencias Médicas de Bilbao, e fotógrafo. Reside en Bilbao.

 Como fotógrafo, a traxectoria de Jesús Rodríguez Ortiz de Salazar conta con varios fitos: gañador do Trofeo Argizaiola (1990); publicación no libro: Euskal Argazkilariak: 150 Urte Geroago; gañador do concurso Contrucciones Arquitectónicas con publicación da foto na revista National Geography; e gañador do 1º Concurso Fotográfico do Colexio de Médicos de Bizkaia (foto exposta no hall do Colexio).

  Participou nas XXXVI exposicions fotográficas da Semana de Humanidades da Academia de Ciencias Médicas de Bilbao; ten fotos na páxina web do Concello de Bilbao; participou en exposicions e acadou varios premios nos concursos do Vizcaya Foto Club; ex-membro da asociación "Grupo Imagen-Irudi Taldea", de Getxo (Bizkaia); e ten participado e asistido ás exposicions "Fotos colgadas", de Cuenca, e na Universidade Menéndez Pelayo, de Santander.

Ningún comentario:

Publicar un comentario