18 de xul. de 2018

TOMIÑO

FEIRA DE OPORTUNIDADES E FESTA DAS ASOCIACIÓNS DE TOMIÑO

· O sábado, día 21 de xullo, na Praza do Concello de Tomiño, dende as 11:00 ata as 22:30 h.     



Luis Abal / Tomiño

 A Asociación de Autónomos de Comercio, Hostelería e Industria de Tomiño (ADETO) informa da feira de oportunidades que organiza, e que terá lugar o vindeiro sábado, día 21 de xullo, na Praza do Concello de Tomiño, dende as 11 da mañá ata as 22:30.   

 Haberá ademáis numerosos actos festivos como batukadas, actuacións para nenos, máster class de zumba, e artesanía, entre outros.   

 Estades todos invitados a visitarnos ese día en Tomiño, onde poderase disfrutar dunha relaxada xornada na vila e nas súas terrazas, comercios e rúas.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario