O Concello de A Guarda entrega os Premios de Educación 2018
O alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz e a concelleira de Educación, Elena Baz Rodríguez, cos alumnos/as premiados/as
Fotos: C. A. G.
Infogauda / A Guarda
Este martes día 17 de xullo de 2018, o Salón
de Plenos do Concello de A Guarda acolleu a entrega dos Premios de Educación 2018, no que se
tiveron en conta os mellores expedientes académicos dos centros públicos de
primaria e secundaria do municipio: CEIP A Sangriña, CEIP Rodríguez Sinde, CEIP
As Solanas-Nicolás Gutiérrez Campo e IES A Sangriña.
Estes premios convócanse co ánimo de
incentivar o estudo e reforzar actitudes e hábitos relacionados co traballo,
esforzo, participación e convivencia entre os xoves, establecéndose un máximo
de 20 premios consistentes en material informático: 12 premios dirixidos ó
alumnado do IES A Sangriña e 8 premios dirixidos ó alumnado de 6º de Primaria
dos colexios CEIP A Sangriña, CEIP Rodríguez Sinde e CEIP As Solanas - Nicolás
Gutiérrez Campo.
Houbo algún caso de empate técnico polo que se entregaron 2
premios na mesma categoría.
O alcalde de A Guarda, dirixíndose os premiados e os seus familiares que enchían o salón de plenos do Concello de A Guarda
A concelleira de Educación, Elena Baz Rodríguez na súa intervención
No acto de entrega interviron o alcalde da Guarda, Antonio
Lomba Baz e a concelleira de Educación, Elena Baz Rodríguez, destacando o enorme esforzo e
traballo destes magníficos estudantes con notas máis que salientables,
asistindo unha boa representación do profesorado e familiares dos premiados/as.
Vistas parciais dos asistentes o acto de entrega dos Premios Educación, 2018
Para entrega destes premios a Comisión avaliadora comprobou
a documentación presentada por cada un dos centros en base a cal se elaborou o
listado de alumnos premiados de cada centro participante.
Premiados/as:
IES A SANGRIÑA:
2º BACH: Nestor Lomba Lomba, Óscar Riveiro Alonso, Elsa Vázquez Rodríguez
e Marco Patiño López.
4º ESO: Amaya Vicente Pérez, Lucía de Lorenzo Serrano e Nayara Diego
Rodríguez.
CS Administración e Finanzas: Noelia González Fernández.
CEIP A Sangriña:
6º Primaria: Teresa de Lorenzo Serrano, Andrea Portela Ruiz, Mara
Alonso Fernández e Manuel Moreira Rodríguez.
Solanas:
6º Primaria: Leah González Carabelos e Aroa Lomba Rodríguez.
Sinde:
6º Primaria: Paula Álvarez Garcés, Natalia Rodríguez Freitas e Daniel
Rodríguez Lomba.
Carmelitas:
6º Primaria: Paula Cividanes Berrecoso e Inés Alonso López.
4º Primaria: Carlota Cividanes Berrecoso
Somascos:
6º Primaria: Irene Vicente Cividanes e Hugo Álvarez González.
4º Primaria: Iria Sanz Berridy
Ningún comentario:
Publicar un comentario