12 de xul. de 2018

A CRUZADA (A GUARDA)

O BNG insta ao Concello da Guarda a limpar os camiños da Cruzada  

Ángel Luis Baz Vicente (voceiro municipal do BNG no Concello de A Guarda): “Un ano máis, o BNG solicita a limpeza dos camiños da Cruzada que dan aceso ás praias”  
Ángel Luis Baz Vicente, voceiro municipal do BNG no Concello de A Guarda

Infogauda / A Guarda

  O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO presentou un escrito no Concello da Guarda solicitando, un ano máis, a limpeza dos camiños da canteira no Barrio da Cruzada. Así o ven de manifestar Ángel Luis Baz Vicente, voceiro municipal do BNG no Concello de A Guarda. 

 Os dous camiños que unen a Rúa de Caetano con a zona de Santa Catalina foron tradicionalmente, e seguen sendo, dous importantes accesos usados habitualmente polos veciños e veciñas do barrio da Cruzada para acceder á beira do mar.  

 Coa chegada do bo tempo increméntase o uso destes camiños pois son moitas as persoas que a través deles acceden ao porto, á senda litoral e á zonas de baño ou lecer que hai nas rochas, así como ao conxunto etnográfico que conforman a ruta das cetáreas, argumenta Ángel Luis Baz. 

 Pero nesta altura do ano a abundancia e grande tamaño da vexetación dificulta seriamente o tránsito polo camiño da banda do norte. Ante o malestar expresado un ano mais por varios veciños e veciñas, o portavoz municipal do BNG, Ángel Luis Baz volveu, como cada ano, a constatar en pleno mes de xullo o estado deste acceso indicando: Digo o mesmo que dixen no 2015, 2016 e no 2017: esta situación que se repite cada verán é sounha mostra máis do desleixo e falta de sensibilidade do goberno municipal para co barrio da Cruzada, non entendemos por que o goberno municipal do PSOE castiga deste xeito a este barrio. A limpeza desta zona xa tiña que estar prevista con antelación”.  

 Para o BNG resulta un esperpento que cada ano se lle teña que lembrar ao grupo de goberno municipal do PSOE que hai que limpar estes camiños, cando debera facelo xa sistemáticamente.     

 Moción brigada de limpeza  

 O BNG anuncia que ante as queixas e as evidencias sobre a falta de mantemento e limpeza de diferentes lugares do concello da Guarda, vai presentar unha moción solicitando a posta en marcha dunha “brigada de limpeza” que actúe en todo o concello ao longo do ano, para elo o grupo de goberno deberá utilizar todas as posibilidades ao seu alcance, tanto con fondos propios como as axudas e programas doutras administracións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario