PREVISIÓNS PARA A SEMANA DO LUNS 11 AO
VENRES 15 DE XUÑO DE 2018 NA DELEGACIÓN DA XUNTA EN MADRID/CASA DE GALICIA
Luns, 11
19:30 horas
A Delegación da Xunta
en Madrid/Casa de Galicia acollerá a presentación/Rolda de prensa de “ARDE LUCUS, XVIII ANIVERSARIO”, e as múltiples actividades
programadas, novas case o 80%, para a edición de 2018 desta festa, declarada de
Interese Turístico Nacional, e que se celebrará na cidade de Lugo os días 15,
16 e 17 de xuño.
No acto intervirán a alcaldesa de Lugo, Lara
Méndez e a concelleira de Cultura,
Turismo, Mocidade e Promoción da Lingua, Carmen Basadre.
Martes, 12
19:30 horas
Presentación do libro
"Sueño de infancia", de Moncho
Rouco, publicado agora en castelán por Turpin Editores (Xerais, fíxoo en galego o
pasado ano). Trátase dunha novela a medio camiño entre o recordo pausado propio
dos libros de memorias e o vibrante ritmo dos relatos de aventuras. Narra as
andanzas dun neno que viviu na Galicia dos anos sesenta e setenta, nun tempo no
que se anunciaba a entrada nunha era de cambios tecnolóxicos, sociais e
políticos, cando o rural xa ía cedendo o
paso ao progresivo acomodo da vida urbana.
No acto intervirán, ademais do autor Moncho Rouco; o Dr. e profesor de Xeografía e
Historia, Ricardo Santos; e o editor José Manuel Martín.
Ningún comentario:
Publicar un comentario