9 de xuño de 2018

O ROSAL

A DOUTORA BERTA GONTÁN XUBÍLASE NO ROSAL 


Dna Berta Gontán, coa alcaldesa e a concelleira de Sanidade, e unha representación dos usuarios do centro médico de San Miguel


Informa (fotografía e redacción): Concello do Rosal

 No día de onte, un grupo de persoas usuarias do centro médico de San Miguel en representación dos/as pacientes de Dna. Berta Gontán, a alcaldesa e a concelleira de sanidade do Rosal, fixeron un pequeno recoñecemento á doutora por toda unha labor médica no noso concello durante 31 anos. 

 Chegada á hora da súa xubilación, tanto os veciños e veciñas como o concello desexámoslle que desfrute da nova etapa que vivirá a partir de agora. Grazas Berta pola túa adicación ao Rosal. 

 Aproveitamos a ocasión para desmentir rotundamente a nota que circula nestes días acerca do peche do centro médico de San Miguel. En ningún momento a administración manifestouse neste sentido, e concretamente fontes da Consellería de Sanidade comunicaron que o centro non se pechará, o que comunicamos para a tranquilidade das persoas usuarias. 

 Debido ao reaxuste de persoal sanitario na época de verán, durante uns días os pacientes serán incluidos na axenda do Centro de Saúde do Rosal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario