25 de xuño de 2018

LABORAL

A CIG DENUNCIA PROBLEMAS INFORMÁTICOS NO SERVIZIO PÚBLICO DE EMPREGO ESTATAL (SEPE)

 A sección sindical da CIG no Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) quere denunciar a dificultade que ten o persoal deste organismo para poder recoñecer as prestacións por desemprego á cidadanía. 

 Dende hai tempo as aplicacións informáticas que usa o SEPE para tramitar e recoñecer as prestacións por desemprego fallan día sí e día tamén sen que os responsables do organismo dean ningunha explicación nin solucionen estas eivas. As consecuencias as están a sufrir o persoal das oficinas de emprego e a cidadanía. 

 No caso das persoas que queren solicitar a prestación, logo de asistir con cita previa á súa oficina non se lle pode tramitar a prestación porque o sistema está “temporalmente” fora de servizo, o que implica que teñen que volver outro día ou deixan a súa solicitude presentada pero sen saber se van cobrar unha prestación ou non e cando se vai poder resolver esa solicitude. 

 A CIG non entende que outros organismos como o INSS, a Tesourería ou a Axencia Tributaria teñan sistemas informáticos que funcionan correctamente e que os do SEPE estean avariados continuamente e a Dirección Xeral non explique con claridade o que está a suceder nin tome medidas para rematar con esta problemática.

Ningún comentario:

Publicar un comentario