ALUMNAS/OS E PROFESORAS CELEBRAN O DÍA INTERNACIONAL DO IOGA EN
GOIÁN
A clase conxunta correu a cargo da directora do centro, Pilar Díaz Fentanes (Hari Manit Kaur) e Sam Durga Devi, profesora no Rosal
Informa: Rita Alonso / Goián
A práctica de ioga uniu a máis de trinta alumnas/os e profesoras
do Baixo Miño, en Goián, a carón do Río Miño, para celebrar o Día Internacional
do Ioga.
Organizado polo Centro
de Yoga Almiña de Goián, a clase conxunta correu a cargo da directora do
centro, Pilar Díaz Fentanes (Hari Manit Kaur) e Sam Durga Devi, profesora no
Rosal, unha cita pensada para divulgar os beneficios da práctica do ioga.
A sesión comenzou ás
11 da mañá e as/os asistentes tiveron ocasión de experimentar a meditación con
mantra e de coñecer as distintas modalidades de ioga, hatha ioga e kundalini
ioga.
A clase rematou con música en directo a cargo de Pilar Díaz, un baño de
Gong, un instrumento que favorece a relaxación coa que rematan todas as clases.
Todo o necesario para que os participantes poideran sentir un profundo
benestar.
O VINDEIRO DOMINGO DÍA 1, NA ALAMEDA DE A GUARDA, CELEBRÁSE O DÍA INTERNACIONAL DO IOGA
Se che interesa coñecer e practicar ioga, o próximo domingo
1 de xullo na Alameda da Guarda celébrase o Día Internacional desta disciplina,
un evento organizado polo centro de Yoga
Awen. Poden acudir tódalas persoas
interesadas en coñecer o ioga. So hai
que levar esterilla ou toalla.
Ningún comentario:
Publicar un comentario