11 de xuño de 2018

DEPORTES

OS ATLETAS ÁLEX  SIERPES, CHRISTIAN SIERPES E ELISA MORGADO, DO ATLETISMO TREGA DE TOMIÑO, CONSEGUEN 2 MEDALLAS DE OURO, 1 DE PRATA E UN RÉCORD GALEGO 

NAS PISTAS DO  CGTD DE PONTEVEDRA, NO ÚLTIMO CAMPIONATO GALEGO OFICIAL DE PISTA AO AIRE LIBRE DA TEMPADA 2017-2018 E PECHANDO UNHA TEMPADA FANTÁSTICA NO GLOBAL


Elisa Morgado Rodríguez - no centro da imaxe - cos irmáns Christian e Álex Sierpes Pereira, coas respectivas medallas acadadas

Informa: (fotografías e redacción): Sociedade Atlética do Trega

 O pasado sábado día 9 de xuño de 2018, disputouse nas pistas de  CGTD de Pontevedra, o último campionato galego oficial das categorías menores de base sub10 benxamín, sub12 alevín, sub14 infantil, en pista ao aire libre desta tempada. 

 A este evento só podían acceder á súa participación as 16 mellores marcas posicionadas no ránking galego conseguidas durante todo o curso da tempada en diversas e numerosas probas disputadas anteriormente ao longo dela, en probas de  Xogade, trofeos ou mitins,  memoriales, etc.. 

Na imaxe, adestradores e atletas da Sociedade Atlética do Trega que asistiron o evento en Pontevedra

 Ata alí a Sociedade Atlética do Trega, de Tomiño unha vez máis metería clasificados un importante número de atletas, formado por 12 atletas, desagregados en 3 categorías: 5 sub10  benxamín, 5 sub12 alevín e 2 sub14 infantil, e 2 baixas máis que non poderían asistir por ter outros compromisos de actividades, se non serían 14. 

 O máis negativo da xornada foi a climatoloxía, que nos deu un día pasado por auga e con moita humidade, sobre todo pola tarde, deixando un pouco deslucido o evento, aínda que esta adversidade non impediu que as bancadas fixesen un pleno cheo de público de familiares, amigos, técnicos e atletas que deixarían unha pegada e unha estampa preciosa e impresionante como sempre adoita ser. 

 Ademais, como sempre, este  campeonato ten repercusión deportiva, desprazados desde todos os puntos de Galicia e facendo del, o máis selectivo en calidade de todos eles. 

 O positivo e destacado sería que a nosa expedición tomiñesa obtería 2 títulos autonómicos, 1 subcampeonato e 1 récord galego, que estaría a cargo dos coñecidos irmáns Sierpes e irmá Morgado, típicos e clásicos, convertidos en realidade que case nunca adoitan fallar nas grandes citas e converténdoos case nunha garantía para o club. 

Christian  Sierpes Pereira - no máis alto do podio - acadou de novo o campeonato galego dos 2.000 metros marcha ao aire libre


 A primeira alegría viría a cargo da nosa futura promesa marchador  Christian  Sierpes Pereira, 1º clasificado cunha marca de 10´46" 42 mellorando un pouco máis a súa marca persoal, conseguindo unha vez máis entre outras ese desexado título de campión galego dos 2.000 metros marcha ao aire libre, despois dunha proba que tivo tanta polémica por faltas técnicas e descualificacións que obrigaron a atrasar todo o protocolo da entrega de medallas e resultados ata media tarde pasadas ás 17:00 h, pero a pesar de todo iso os xuíces souberon emendar o problema. 

Álex Sierpes - no máis alto do podio - campeón galego de 2.000 metros lisos

 A segunda e mellor satisfacción, viría a cargo do seu irmán Álex Sierpes na distancia dos 2.000 metros lisos, proclamándose campión galego cunha marca de 6´46" 85 unha vez máis entre moitas, conseguindo esnaquizar o seu propio récord galego, que o conseguira apenas hai un mes rebaixándoo en case 5". Cabe destacar que aínda é o seu primeiro anos na categoría. Sen dúbida para a tempada seguinte nos seguirá mostrando e ofrecendo a súa gran versión de talento que ten no seu haber, dándonos moitas alegrías ao atletismo tomiñés. 

Marcela Morgado Rodríguez - a esquerda da imaxe -, recolleu a medalla de prata correspondente a súa irmá Elisa, que logrou o subcampeonato galego en 2.000 metros lisos

 E a última felicidade daríanola a irmá pequena, Elisa Morgado Rodríguez na categoría sub12 alevín feminino, na distancia 2.000 metros lisos, conseguindo o subcampeonato galego con medalla de prata, facendo un crono de 7´41" 52, non podendo mellorar a súa marca persoal, xa que, durante a proba, o primeiro parcial de voltas, foi demasiado lenta. 

 Logo virían os dolorosos curtos postos, escapándolle o  pódium a Marcela  Morgado e Yeray  Dacuña. 

 Marcela  Morgado Rodríguez, sub14 infantil feminino na proba de 1.000 metros obstáculos con ría, foi 4ª clasificada, cun tempo de 3´36" 97. 

 Yeray Dacuña Sierpes, sub10 benxamín masculino nos 1.000 metros lisos, foi 4º clasificado, cun tempo de 3´41" 51. 

 Seguiríanlle os seguintes resultados do resto de compañeiros: 

 Mara Romeu Vicente, sub12 alevín feminino, no lanzamento de peso 2kg, 5ª clasificada cunha marca de 7,70 metros e en velocidade 60 m. l., serie A: 7ª clasificada, con un tempo de 9" 22 . 

 Carmen Magallanes Pérez, sub12 alevín feminino, en 2.000 metros lisos, 8ª clasificada, con un crono de 7´53" 15.

 Paula Lago Sánchez, sub10 benxamín feminino en 50 metros lisos, con un tempo de 8" 70 final  B, 3ª clasificada, e  9ª clasificada en 500 metros lisos, con un tempo de 1´50" 60. 

 Paula Martín Pousa, sub 10 benxamín feminino 1.000 metros marcha, 14ª clasificada, con un  crono de 7´04" 16. 

 Antía Rodríguez Otero, sub 14 infantil feminino 2.000 metros lisos, 14ª posición, con un tempo de 8´24" 78. 

 Paula Rocha Bautista, sub 10 benxamín feminino 1.000 metros lisos, logrou unha 15ª posición, con un crono de 4´07" 19. 

 Amanda Martínez Sierpes, sub10 benxamín feminino, 1.000 metros lisos, logrou a 16ª posición, con un tempo de 4´17". 

 Felicidades a todas/os pola súa participación, xa que é un gran premio chegar ata aquí, despois de tanto traballo. E por suposto facer un chamamento a todas as persoas interesadas a formar parte do noso club para a seguinte tempada 2018-2019, póñanse en contacto na páxina da Sociedade Atlética do Trega no Facebook. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario