25 de xuño de 2018

A GUARDA

Exposición "As achegas das Mulleres á sustentabilidade do mar"

· A inauguración da mostra será o sábado día 30 de xuño, ás 12:00 h., no Museo do Mar de A Guarda




Jorge Alonso / A Guarda

 O sábado 30 de xuño ás 12:00 horas, o Museo do Mar da Guarda acolle a inauguración da Exposición “As achegas das mulleres á sustentabilidade do mar” que, baixo o proxecto “Sustentabilidade en feminino”, busca amosar as achegas das mulleres ao desenvolvemento sustentable e á conservación dos nosos mares. 

 Mariscadoras, redeiras, traballadoras da salga e da conserva, investigadoras mariñas e en educación, de hoxe e do pasado tiveron, teñen e terán un papel determinante no uso dos recursos mariños dun xeito responsable que garanta o seu futuro. 

 A través de vídeos, imaxes fotográficas, entrevistas e documentación recollida por toda a xeografía galega, este proxecto no que participan a Deputación Provincial de Pontevedra, a Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo e o Campus de Excelencia Internacional - Campus do Mar, coa colaboración do Museo Massó, dá voz ás mulleres que teñen o mar como medio de vida para que aporten a súa visión sobre a importancia e os beneficios da conservación dos océanos sustentables. 

 A exposición estará na Guarda do 30 de xuño ata o 31 de xullo no Museo do Mar (Porto da Guarda), de 11:00 a 14:00 horas, e de 18:00 a 21:00 horas, os sábados, domingos e festivos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario