25 de xuño de 2018

A GUARDA

O CONCELLO DE A GUARDA PRESENTA Á XXVIII FESTA DA LANGOSTA E DA COCIÑA MARIÑEIRA

· O acto terá lugar este martes día 26 de xuño no Largo do Paseo, na cidade de Póvoa de Varzim (Portugal)



Jorge Alonso / A Guarda

 Este ano celebrarase a Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira os días 6, 7 e 8 de xullo, festa de recoñecido prestixio e un dos eventos gastronómicos máis importantes de Galicia. Cada ano realízase a presentación oficial nunha vila galega ou portuguesa e este ano escolleuse a Póvoa de Varzim, vila mariñeira ao igual que A Guarda e que comparten unha forte vinculación ao longo dos anos.  

 A festa ten como protagonista a langosta pero acompañándoa hai unha gran variedade de produtos dun alto nivel culinario que veñen facendo as delicias dos paladares máis esixentes.   

 Na presentación amósanse as novidades da programación que cada ano mudan para achegar a todos os gustos. Ademais haberá unha degustación de langosta, dos pratos mariñeiros, doces e viño que serán o adianto a todo o que se poderá desfrutar durante esta festa gastronómica que xa conta coa declaración de festa de Galicia de interese turístico.  Xunto aos restauradores, a adega e a pastelería e facendo a presentación estará o Alcalde da Guarda, D. Antonio Lomba Baz, e a Concellería de Turismo, Dona Montserrat Magallanes, acompañados do Vicepresidente da Cámara de Póvoa de Varzim, D. Luís Diamantino Carvalho Batista e a Vereadora de Turismo, Dona Maria Lucinda Campos Amorim Ramos Sousa Delgado.   

 ¡Agardamos coa vosa presencia!  

Lugar: Largo do Paseo, Povoa do Varzim - (Portugal) 
Hora Portugal: 11:00h 
Hora Galicia: 12:00h

Ningún comentario:

Publicar un comentario