IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA, 2018
FINALIZA Ó PERÍODO VOLUNTARIO DE PAGAMENTO DOS RECIBOS
O vindeiro día 7 de xuño de 2.018 finaliza ó período voluntario de pagamento dos recibos correspondentes ó IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA exercicio 2.018.
No caso de que algún contribuínte non recibira a carta de pagamento pode solicitar un duplicado da misma dirixíndose á Oficina de Xestión Tributaria (R/ Jose M. Andreini 6 Bajo – Tfno: 986 60 90 67) ou a través da páxina web do Concello de A Guarda (NORMATIVA MUNICIPAL > Cartas de pagamento), xa que ó tratarse de débedas de carácter periódico e notificación colectiva a non recepción no domicilio da mesma non exime da obriga de pago nin da vía executiva.
Infórmase, ademáis, que a partir de dita data as débedas serán esixidas polo procedemento de prema e devengarán os recargos, xuros de demora, e demáis conceptos esixibles.
Oficina Xestión Tributaria
Concello de A Guarda
C/ Jose M. Andreini 6, baixo
A Guarda
Telf./Fax: 986 609067
Ningún comentario:
Publicar un comentario