4 de xuño de 2018

A GUARDA

A OMIX abriu o prazo de inscrición no Campamento Urbano de verán 

As actividades desenvolveranse durante os meses de xullo, agosto e a primeira semana de setembro no antigo colexio Sinde.  


Infogauda / A Guarda

 A Oficina Municipal de Información á Xuventude (OMIX) do Concello da Guarda impulsa unha nova edición do Campamento Urbano durante os meses de xullo e agosto e a primeira semana de setembro. Esta é unha actividade dirixida a nenas e nenos de 4 a 12 anos na que poderán realizar diversos obradoiros, xogos e outras actividades culturais e deportivas nun entorno educativo e de convivencia.  

 As actividades desenvolveranse nas instalacións do antigo colexio Sinde en horario de mañá (de 9:00 a 14:00 h), de luns a venres. O prezo de participación por persoa será de 60€ para aqueles que se incriban nun só mes, e de 80€ para aqueles que participen na totalidade do campamento (xullo, agosto e primeira semana de setembro). Estes últimos terán prioridade na adxudicación de prazas.   

 O prazo de inscrición permanecerá aberto entre os días 4 e 21 de xuño. As persoas interesadas en participar deberán entregar a folla de solicitude - descargable eiquí - , xunto coa documentación mencionada nas bases, presencialmente no Rexistro municipal ou ben a través ou a través da Sede Electrónicado Concello da Guarda. Para máis información, poderán contactar coa OMIX no teléfono 986 614 546 ou a través do correo electrónico información@aguarda.es.   

 O Campamento Urbano é unha actividade organizada pola Concellería de Xuventude co obxectivo de favorecer a conciliación da vida laboral e familiar dos guardeses e guardesas durante as vacacións escolares. A actividade conta co financiamento da Secretaría Xeral da Igualdade e o Fondo social Europeo.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario