O CEIP AS SOLANAS CELEBRA O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE
O acto levarase a cabo na praia da Ribeira a partir das 12h
Olga Rodríguez Vicente * / A Guarda
Como xa ven sendo habitual ao longo destes últimos anos, o CEIP As Solanas “Nicolás Gutiérrez Campo” celebra hoxe o Día Mundial do Medio Ambiente. Baixo o título “O mar agoniza” este ano abordaremos distintos aspectos da problemática mariña: especies invasoras, redes pantasma, urbanizacicións litorais, verquidos, plásticos, etc.
O acto levarase a cabo na praia da Ribeira a partir das 12h, onde cada curso exporá a súa denuncia a través dunha estructura flotante que, a modo de mensaxe, farán navegar. Ao mesmo tempo cada curso explicará aos demais a problemática abordada. As estructuras construídas quedarán expostas durante toda a semana no Paseo Marítimo. Rematará o acto coa canción de Mago de Oz “La costa del silencio” e posiblemente co lanzamento de polvos Holi 100% naturais e sen gluten.
(*) Coordinadora Equipo Educación Ambiental

Ningún comentario:
Publicar un comentario