4 de xuño de 2018

A GUARDA

CULTURA

O ESCRITOR E POETA FRANCISCO ÁLVAREZ "KOKI", PARTICIPOU NA FEIRA DO LIBRO DE LISBOA, 2018

· Estivo na caseta da Editorial Chiado Books, asinando exemplares da edición en castelán, do seu libro Ratas en Manhattan

Francisco Álvarez "Koki", asinando exemplares da edición en castelán do seu libro Ratas en Manhattan 
Foto: Loli Estévez

Infogauda / Redacción

 Desde o pasado día 25 de maio ao 13 de xuño, estáse celebrando no Parque Eduardo VII, de Lisboa, á LXXXVIII edición da Feira do Livro. Un certame, de acceso gratuito, con debates, presentacions, actividades adicadas ás familias e aos nenos. 

 Con libros para tódolos gustos literarios, á Feira do Livro lisboeta, tamén promove lanzamentos e sesións de autógrafos, sendo unha magnífica oportunidade para coñecer os autores.

 O pasado sábado día 2 de xuño, o poeta e escritor guardés Francisco Álvarez Álvarez (Koki), estivo na caseta da Editorial Chiado Books, asinando exemplares da edición en castelán, do seu libro Ratas en Manhattan.

Ningún comentario:

Publicar un comentario