25 de xuño de 2018

A GUARDA

Liquen deu inicio en Salcidos, a terceira edición de Música nas Prazas na Guarda 



 Jorge Alonso / A Guarda

 O pasado venres día 22 de xuño a Praza de Salcidos da Guarda acolleu o concerto do Grupo Liquen, enmarcado no programa "Música nas Prazas" que se leva a cabo dende a Concellería de Cultura do Concello da Guarda.  


 Liquen leva ano e medio de traxectoria musical realizando concertos por gran parte da xeografía galega. Este grupo, cun estilo "post-rock" ou "post-metal" ou mesmo "stoner-rock", está formado por Martín as guitarra, Pedro a batería e Pablo ao baixo.    

 A programación de "Música nas Prazas" segue o venres día 24 de agosto coa actuación de Bieito Solo na Praza de San Amaro de Camposancos e o 7 de setembro coa actuación de Pepe Vaamonde Trío na Praza do Reló.

Ningún comentario:

Publicar un comentario