2 de xuño de 2018

A GUARDA

Aberto prazo de inscrición para a visita ás Illas Cíes e ao barrio mariñeiro do Berbés de Vigo 



Asociación Érguete Baixo Miño / A Guarda

 A Asociación Érguete Baixo Miño informa que dende hoxe, día 1, e ata o 15 de xuño, ábrese prazo de inscricións para a visita ás Illas Cíes e ao barrio mariñeiro do Berbés de Vigo. Estas atópanse dentro das accións de cohesión social e xuventude, que a Asociación realiza durante todo o ano nos seus programas.  

 A excursión terá lugar o domingo 8 de xullo e conta cun prezo único por persoa de 12€ con todo incluído (traslado en autocar, ruta en barco, visita guiada e pícnic). 

 As inscricións pódense facer de maneira presencial nas instalación de Érguete Baixo Miño r/Colón, nº 20 (Edif. O Pescador 1º Piso) CP36780 A Guarda, ou ben chamando por teléfono ao 986 61 44 07 / 640 086 376. 

 Este ano cóntase con dous autobuses e 108 prazas polo que se prevé moi boa acollida por parte dos veciños e veciñas da comarca. 

 Esta actividade atópase financiada pola Deputación de Pontevedra dentro do programa “En ruta coa Depo 2018” e ten como obxectivo mellorar a participación, a convivencia e a cohesión social dos distintos colectivos sociais aos que se dirixe Érguete Baixo Miño, impulsando a igualdade de oportunidades para os colectivos con diversidade funcional, ofrecéndolle alternativas de ocio e tempo de lecer á poboación xuvenil. 

 É o segundo ano que Érguete Baixo Miño realiza este tipo de visitas lúdicas entre familiares e amizades desde unha perspectiva san, creando opcións de ocio e tempo libre dentro da prevención das condutas aditivas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario