PREVISIÓN PARA O MARTES 5 DE XUÑO DE 2018 NA DELEGACIÓN DA XUNTA EN MADRID/CASA DE GALICIA
Martes, 5
19:30 horas
Inauguración da mostra de pintura “A MIRADA EXTENSA” de Isabel Pintado, artista madrileña licenciada en Belas Artes pola Universidade Complutense, e afincada desde o ano 1991 en Galicia, onde reside e desenvolve o seu labor profesional e creativo.
A obra de Pintado chega á Casa de Galicia formando parte dun proxecto que inclúe unha selección de paisaxes que deixan atrás etapas de realismo para entrar no campo da abstracción máis pura, reflectindo non tanto a paisaxe en si, como a pegada que esta deixa na memoria unha vez contemplada.
Esta exposición poderá visitarse na Salas A e B da Delegación da Xunta en Madrid ata o 29 de xuño, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas os días laborables. Domingos e festivos, de 10 a 14 horas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario