22 de xuño de 2018

A GUARDA

O Centro Cultural da Guarda acolle dende este sábado a Exposición "Faros de Galicia" 

Carlos Ramos Fernández diante de dúas obras de temática urbana
Foto: C. A. G.

Jorge Alonso / A Guarda

 Faros de Galicia é unha exposición de pinturas de Carlos Ramos Fernández presente no Centro Cultural da Guarda ata o vindeiro 7 de xullo.  


 Trátase dunha mostra que recolle un total de 19 obras en acrílico sobre papel, realizados coa técnica de Copic, no que o artista quixo expor a través destes lenzos a riqueza e beleza visual da ampla variedade de faros existentes ao longo da costa galega, coma o Faro de Cabo Silleiro, o Faro das Illas Cíes, o Faro de Fisterra, o Faro de Corrubedo, entre outros. Ademais tamén se inclúen varias obras de temática urbana de Madrid e Portugal.  

 A exposición está organizada pola Concellería de Cultura do Concello da Guarda e se pode visitar nas instalacións do Centro Cultural da Guarda, de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas e os sábados de 10:00 a 13:00 horas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario