29 de maio de 2018

OIA

Purificación Granja, a avoa máis lonxeva de Oia, cumpre 102 anos

Purificación Granja Valverde que hoxe celebrou o seu 102 aniversario, rodeada da súa familia, recibiu a visita da alcaldesa Cristina Correa Pombal, acompañada da concelleira Carmen María
Fotos: Carmen María

Infogauda / Oia

 “Agradecidísima polo cariño recibido”, Purificación Granja Valverde, do barrio da Riña, na parroquia de Santa María de Oia,  celebrou hoxe o seu 102 aniversario. Rodeada da súa familia, recibiu a visita da alcaldesa Cristina Correa Pombal, acompañada da concelleira Carmen María, que, en nome de tódolos veciños do Concello de Oia, lle fixeron entrega dun ramo de flores.

Purificación Granja Valverde, a decana de Oia, sorrille á vida 

 Pese a ter máis dun século de vida, esta xovial anciá sempre regala un sorriso a quen conversa con ela. Ten unha saúde encomiable, di que “gracias a que é unha persoa tranquila, sinxela, e que os netos e bisnetos lle axudan acotío”.


 Segue sendo moi afeccionada á radio, e é unha gran fan do programa “Sesión Vermú” de Xosé Manuel Piñeiro e do de Marcial Mouzo, da Radio Galega, quen xa a entrevistou en varias ocasións. E o seu maior pasatempo, aparte de desfrutar coa familia, e ganchillar peciñas de roupa para os seus netos e bisnetos. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario