21 de maio de 2018

OIA

LUIS VILLARES E ANA SEIJAS, DE EN MAREA, VISITARÁN O CONCELLO DE OIA

O próximo xoves, día  24 de maio, ás 20.00 h, na Casa da Cultura de Sta. María de Oia (A Riña, 23) 



Xan Lois Vila / Oia

 O  próximo xoves día 24 de maio o noso voceiro Luis Villares e Ana Seijas, vicevoceira de En Marea visitarán o concello de Oia.  

 Ao longo da tarde o voceiro Luis Villares visitará distintos espazos para coñecer máis de cerca as principais problemáticas do ámbito municipal e as demandas de diferentes colectivos, acompañado polo concelleiro  Xoán Lois Vila. 

 Á tardiña, a través dun encontro aberto coa veciñanza, estaremos no acto de presentación da Marea Local, Movemento Oia.  

 Por iso, queremos convidar a cidadanía a participar deste encontro, que terá lugar o próximo xoves, día  24 de maio, ás 20:00 h, na Casa da Cultura de Sta. María de Oia (A Riña, 23). 

 Agardamos contar coa vosa presenza.

Ningún comentario:

Publicar un comentario