14 de maio de 2018

DEPORTES

ATLETISMO

DESTACADOS RESULTADOS NAS PISTAS DE TECNIFICACIÓN EN PONTEVEDRA DA SOCIEDADE ATLÉTICA DO TREGA, DE TOMIÑO, NO CAMPIONATO PROVINCIAL DE XOGADE EN PISTA AO AIRE LIBRE

CONSEGUINDO 3 TÍTULOS PROVINCIAIS, 1 SUBCAMPIONATO, 2 BRONCES INDIVIDUAIS E 1 BRONCE POR EQUIPOS EN SUBSTITUCIÓNS NA CATEGORÍA ALEVÍN 

Adestradores e tódolos atletas participantes da Sociedade Atlética do Trega

Informa: Sociedade Atlética do Trega / Tomiño

 Este domingo día 13 de maio de 2018, disputouse o Campionato Provincial escolar (Xogade) en pista ao aire libre, na provincia de Pontevedra, da categoría alevín individual e combinados infantil. Nese evento deportivo participaron os atletas coas mellores 16 marcas do ránking, conseguidas nas 4 xornadas anteriores clasificatorias, (con opción a conseguir marcas). 

 O día presentouse á primeira hora con bastante frío e con choiva, ata media mañá, pero iso non impediu que as bancadas estiveron con pleno de público e cun ambiente deportivo san. 

Medallistas individuais da Sociedade Atlética do Trega

 Ata alí a Sociedade Atlética do Trega levou 8 atletas alevíns, 4 deles masculino e 4 feminino, que conseguiran o billete de clasificación e deixándonos unha mañá con moitas alegrías. 

Mosaico fotográfico dos diferentes podios acadados polos atletas da Sociedade Atlética do Trega

 A primeira en participar sería Mara Romeu Vicente na categoría alevín feminino que disputaría o lanzamento de peso de 2 kg, conseguindo o bronce cun fantástico lanzamento de 6.68 m, outorgándolle o 3º posto. Tamén participaría en velocidade 60 m.l., quedando 5ª clasificada e cunha marca de 9" 26 en categoría alevín feminino. 

 O segundo sería Óscar Eiras Castro que participaría nos 60 m.l. (velocidade) conseguiría o Subcampionato con medalla de prata, cunha marca de 9" 04 na categoría alevín masculino. 

 En terceiro lugar seguiríalle Marcos Martínez Rial participando no lanzamento de pelota de 300 grs. alevín masculino quedando 5º co seu mellor lanzamento de 25,96 metros. 

 Seguidamente xa viría a proba dos 1000 m. lisos alevín masculino, onde teriamos dous atletas participantes, facéndose co título de campión provincial, Álex Sierpes Pereira cun crono de 3´16" 88 quedando en 1º lugar.  E o seu compañeiro Marco Martínez Rial que quedaría no posto 12º parando o crono en 3´50" 51. 

 Posteriormente seguiriamos cultivando moi bos resultado nos 2000 m.l. mixto, gañando a proba Christian Sierpes Pereira que lle daría o título de campión provincial, da provincia de Pontevedra cunha marca de 7´14" 96 na categoría alevín masculino. 

 Tamén se faría co título de campioa provincial en 2000 m.l. a súa compañeira Elisa Morgado Rodríguez (alevín feminino) cun crono de 7´38" 28 quedando 1ª clasificada, seguida de Carmen Magallanes Pérez que asinaría tamén unha fantástica 3ª posición que lle daría o bronce, cunha marca de 7´48" 93 nos 2000 m.l.. Pero non foi a súa única proba, porque tamén participaría no lanzamento de pelota 300 grs. sendo o seu mellor lanzamento con 21,2 metros quedando en 6ª posición. 

Marco Martínez Rial, Christian Sierpes Pereira, Óscar Eiras Castro e Álex Sierpes Pereira

 Para finalizar, viríanos a posta de substitucións onde a Sociedade Atlética do Trega tería 2 equipos participantes tanto en alevín masculino como feminino, onde os mozos faríanse co bronce por equipos en 4x60 cun crono de 38" 03 cos relevistas Marco Martínez Rial, Christian Sierpes Pereira, Óscar Eiras Castro e Álex Sierpes Pereira.  

 As mozas (Aina  Bolea Díaz, Elisa  Morgado Rodríguez, Carmen  Magallanes Pérez e Mara Romeu Vicente) quedarían en 7º posto cun tempo de 38" 60. 

 E así, pechamos este Campionato Provincial cunha nota brillante, polo que compre felicitar a cada un deles, directiva, adestradores, nais, pais, etc. 

 Agora a repoñer forzas, para participar no Campionato Galego. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario