29 de maio de 2018

DEPORTES

CAMPEONATO DE ESPAÑA DE ATLETISMO PARA PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL, FEDDI 2018

1 ouro, 2 pratas e 2 bronces no Campionato de España Feddi, para o Clube San Xerónimo Emiliani   

Representación do Club Deportivo San Xerónimo Emiliani que participou no Campionato de España de Atletismo para persoas con Discapacidade intelectual, FEDDI 2018

Informa (fotografías e redacción): Club Deportivo San Xerónimo Emiliani

 O Club Deportivo San Xerónimo Emiliani participou no Campionato de España de Atletismo para persoas con Discapacidade intelectual, FEDDI 2018 que se celebrou  en Burgos dende o 24  ao 27 de Maio. 



 Ata Burgos desplazáronse 7 atletas: Borja Cadilla, María Fernanda Orduna, Maite Santos, Luis Antonio Sández, Fabio Martínez, Nuria Pereira e Óscar Moure, destacando as actuacións de: 

· María Fernanda Orduna: Prata en Xabalina e bronce en Disco. 
· Maite Santos: Prata en 800 m.l. e bronce en Peso. 
· Luis Antonio Sández: Ouro en 800 m.l. 

 Noraboa a todas/os polo seu esforzo.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario