28 de maio de 2018

A GUARDA

No décimo aniversario do pasamento do poeta Xosé Carlos Gómez Alfaro

O PLENO DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO APROBOU POR UNANIMIDADE DAR INICIO O EXPEDENTE DE DECRARACIÓN DE FILLO ADOPTIVO DE A GUARDA

 Xosé Carlos Gómez Alfaro
Dibuxo orixinal de Alicia Alonso, cedido pola familia do poeta

Infogauda / A Guarda

 No pleno ordinario do pasado venres día 25 de maio de 2018, foi aprobada por unanimidade a proposta acordada na Comisión de Asuntos Plenarios, de dar inicio o expedente de declaración de Fillo Adoptivo de A Guarda, o recordado escritor, poeta e xornalista Xosé Carlos Gómez Alfaro. 

 Segundo informou  Miguel Ángel Español Otero, na devandita sesión plenaria da Corporación Municipal, en breves días, será emitido o Decreto da Alcaldía, polo que se designarán como Instructor o concelleiro Celso Rodríguez Fariñas, e como Secretaria a concelleira de Cultura, María Elena Baz Rodríguez. 

 Compre relembrar que a devandita aprobación por unanimidade da proposta acordada na Comisión de Asuntos Plenarios, prodúcese no mesmo mes en que se cumpliu o décimo aniversario do pasamento na vila de A Guarda, do poeta Xosé Carlos Gómez Alfaro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario