29 de maio de 2018

A GUARDA

Preto de 300 cativos gozan de «Los Pitufos»  nas sesións de cinema escolar   

«Los Pitufos» pon fin a programación de cinema do actual curso escolar, que comezou no segundo trimestre coa proxección do filme de animación «Up» 
Foto: C. A. G.

Sara Alonso / A Guarda

 Nas mañás dos días 28 e 29 de maio, un total de 292 alumnas e alumnos de 3º a 6º de primaria da Sangriña, San Xerome Emiliani, M. R. Sinde, HH. Carmelitas e PP. Somascos acudiron ao Centro Cultural para gozar da película «Os Pitufos».   

 Esta actividade, organizada polo Concello da Guarda, pretende aproximar a cultura aos máis cativos dentro da programación escolar, cunha oferta de cinema accesible a todas e todos eles e adaptada á súa idade.   

 A iniciativa, que xurdiu a proposta dos centros educativos, realizase na Guarda dende o curso 2016-2017. «Los Pitufos» pon fin a programación de cinema do actual curso escolar, que comezou no segundo trimestre coa proxección do filme de animación «Up» para o alumnado de educación infantil e 1º e 2º curso de primaria.

Ningún comentario:

Publicar un comentario