AREEIRO ADVIRTE DA INEFICACIA DE TRATAR AS VIÑAS CANDO HAI VENTO
Os técnicos instan a aumentar a vixilancia para detectar as primeiras manchas de Mildeu
Recoméndase iniciar os tratamentos contra as eirugas detectadas en buxos de todas as comarcas da provincia e tamén nos kiwis
Infogauda / Pontevedra
A Estación Fitopatolóxica de Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de advertir no seu último aviso fitosanitario da ineficacia de tratar as viñas cando hai vento incompatible tras ter detectado a moitos viticultores aplicando caldos fitosanitarios nos últimos días. Os técnicos consideran que debido ás importantes velocidades dos fachos, as aplicacións realizadas non foran axeitadas porque non quedaron na súa totalidade nas viñas, senón que chegaban a casas, vías ou outros cultivos, circunstancia que fixoi que o funxicida non protexera correctamente á planta, que seguirá exposta ás infeccións.
Dende Areeiro explícase que a estabilidade climática destes días favoreceu o crecemento dos gromos, se ben non se atopou indicio algún da enfermidade do Mildeu na viña, nin tampouco se notificaron aparicións de síntomas por parte dos agricultores. Tendo en conta que se anuncian chuvias e baixada de temperaturas, “a nosa recomendación a día de hoxe é incrementar a vixilancia co obxecto de detectar a primeira mancha, revisando nos viñedos sobre todo as plantas onde é máis probable a detección da enfermidade pola súa situación ou dimensións, e as zonas da finca onde o fungo soe aparecer e xerar perdas”, di a técnico Rosa Pérez Otero, que tamén lembra que as primeiras manchas soen localizarse nas follas basais dos gromos.
Con respecto a outros patóxenos da vide, aparte dalgún síntoma de excoriose non se atopou ningún outro indicio de parásitos nas fincas visitadas, poloque nestes momentos, cos cambios de temperatura que hai e que poden dar lugar síntomas similares, é preciso confirmar a súa presenzaantes de aplicar calquera tratamento.
En canto ao buxo, Areeiro comeza a ter numerosas consultas de particulares tanto da provincia de Pontevedra como da de A Coruña sobre os danos da praga da eiruga Cydalima perspectalis, ademais de que os propios técnicos xa a observaron en sebes de comarcas moi diferentes de Pontevedra. Ante esta situación, advirten, débense iniciar os tratamentos se non o fixeron xa.
Por outra banda, a situación fitosanitaria xeral observada das maceiras é moi boa, e de feito os síntomas de oídio que se detectaron non avanzaron. En referencia ao kiwi, o incremento da humidade e o estado fenolóxico actual das plantas, cos botóns florais, obriga a tratar estas enfermidades para previr danos.
Como recomendacións xerais para as plantas de horta, dado que se incrementará o risco de aparición de enfermidades como o Mildeu -debido á maior humidade-, haberá que extremar a vixilancia. Tamén haberá que estar vixiante coas aparicións das primeiras afeccións de Tuta absoluta en invernadoiros de tomate de O Salnés.
Ningún comentario:
Publicar un comentario