27 de abr. de 2018

PEDORNES (OIA)

CURSO DE MOBILIZACIÓN E CAMBIOS POSTURAIS 

O curso o imparte Cruz Roja de Baixo Miño e é gratuíto


Cristina Correa / Pedornes (Oia)  

 O Concello segue apostando por acción formativas no ámbito do coidado das persoas maiores e dependentes orientadas tanto en beneficio do coidador (sexa profesional ou non) como da persoa receptora destes coidados, xa que entendemos que o benestar do primeiro dependerá sempre do benestar do segundo.   

 Neste curso se trata, de maneira sinxela, os contidos máis esenciais sobre a mobilización de persoas maiores e dependentes, en caso de que teñan os seus movementos limitados, sexan dificultosos ou inexistentes; as enfermedades físicas relacionadas con la movilización: úlceras, EPOC, parálisis etc; as axudas técnicas; tamén técnicas de movilización e inmovilización; riscos e complicacións dunha inadecuada manipulación; un taller práctico; e por último a evaluación.   

 O curso o imparte Cruz Roja de Baixo Miño e é gratuíto. As clases se impartirán en Pedornes os sábados do 5 de maio ata o 2 de xuño incluidos, de 16 á 20 h.   

 As persoas interesadas deberán inscribirse no Concello. Se recorda que as prazas son limitadas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario