Nova doutrina do Tribunal Supremo sobre permisos retribuídos (empezan o primeiro día laborable)
O Tribunal Supremo ha estimado a nosa petición e declarou que os permisos, ao ser retribuídos, deben empezar sempre no primeiro día laborable para a persoa solicitante: o primeiro día que no seu horario ou cuadrante indique que ten que traballar.
Federación de Servizos de CCOO
O Tribunal Supremo estimou o recurso de casación de doutrina presentado por varios sindicatos maioritarios do sector de Contact Center, entre eles CCOO, en relación co inicio do goce dos permisos retribuídos.
Ata agora estes permisos comezaban no día no que ocorría o feito causante, independentemente de que fose laborable ou non. O Tribunal Supremo cambiou a súa doutrina e na súa sentenza n°145/2018 de 13/02/18, estimou a nosa petición e declarou que, ao ser retribuídos, deben empezar sempre no primeiro día laborable para a persoa solicitante, despois do feito que o xustifica, é dicir o primeiro día que no seu horario ou cuadrante indique que ten que traballar.
Así, os permisos retribuídos aos que se ten dereito como son:
· por matrimonio.
· por nacemento de fillos/as.
· hospitalización ou falecemento de familiares, etc.
Cando o día seguinte ao feito causante fose festivo, ou non laborable porque fóra de libranza, o primeiro día retribuído será o laborable posterior.
Esta sentenza e cambio de doutrina do Tribunal Supremo ten incidencia non só no sector de Contact Center, se non tamén en todos os demais sectores, polo que desde CCOO Servizos reclamaremos en todas as empresas e sectores onde estamos presentes que se cambie a interpretación do goce destes permisos/ licencias, para que o exercicio deste dereito en diante axústese á nova doutrina do Tribunal Supremo.
Marzo 2018
Ningún comentario:
Publicar un comentario