14 de mar. de 2018

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

PARLAMENTARIOS SOCIALISTAS COÑECERÁN IN SITU A PROBLEMÁTICA DAS PRAIAS DA LAMIÑA E O FORTE

Así estaba a Praia da Lamiña, o pasado día 4 deste mes de marzo
Foto: C.A.G.


Infogauda / Camposancos (A Guarda)

 O secretario de organización da Agrupación do PSdeG-PSOE de A Guarda, Iván Rodríguez ven de facer público que "este venres día 16 de marzo, ás 12:30 h., visitarán a praia da Lamiña-O Forte, en Camposancos, os deputados Patricia Vilán, viceportavoz e responsable de Medio Ambiente do PSdeG no Parlamento de Galicia, e Guillermo Meijón, diputado pola provincia de Pontevedra no Congreso dos Deputados que, ante a falta de resposta da Xunta de Galicia e o Goberno central, queren mostrar o seu apoio e coñecer máis de preto  a situación do esteiro do Miño tras os últimos temporais destas semanas, de cara á presentar iniciativas parlamentarias. Os deputados estarán acompañados polos socialistas guardeses".

Ningún comentario:

Publicar un comentario