29 de mar. de 2018

A GUARDA

O RECREO ARTÍSTICO GUARDÉS ACOLLE A VIª EXPOSICIÓN E FEIRA DO COLECCIONISMO

O evento, organizado pola Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa, pode visitarse ata o día 1 de abril

Vista parcial da VIª Exposición e Feira do Coleccionismo
Foto: Infogauda

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Desde os primeiros tempos, o ser humano é un individuo recolector. Todos, en maior ou menor medida, o longo da nosa vida, xuntamos cousas, as veces, sen un interese concreto, senón para o disfrute persoal. Hai quen xunta selos, vitolas de cigarros puros, moedas,..., e logo hai quen colecciona. Obviamente non é o mesmo xuntar que coleccionar. Xuntar pode estar - e de feito así é - o alcance de moitas persoas. Coleccionar esixe máis especialización, máis coñecemento, e mesmo máis adicación. Aí é onde, o noso modesto entender, radica a diferencia.

 Na faceta do coleccionismo atopamos persoas que procuran as pezas que precisan, fan trocos con outras persoas, acuden a feiras, mercan a casas especializadas, e logo montan súas coleccions e as veces, amósanas o público. Con ese perfil de coleccionistas hai persoas - mulleres e homes de tódalas edades - que se organizan en asociacións, e que ademáis de cultivar súa afección, comparten tertulias cos demáis compoñentes desas entidades e participan directamente na organización, montaxe e atención, das exposicións que organizan.

 Unha boa mostra do que é o asociacionismo témola na Guarda. Así, entre outras moitas entidades existentes no termo municipal, cadansúa coas súas correspondentes actividades, todas elas moi meritorias, a Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa (S. F. e N. G.), destácase no seu ámeto xa que o longo do ano organiza e participa en diferentes eventos directamente vencellados o coleccionismo. E un deles, é precisamente o que nestes días nos brindan e que podemos visitar no salón principal do Recreo Artístico Guardés: A VIª Exposición e Feira do Coleccionismo.

 Así, os días 29, 30 e 31 de marzo; e 1 de abril, de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas, podemos ademirar unhas interesantes coleccions de selos, moedas, calendarios de bolsillo, marcapáxinas, tallas en madeira, caixas de mixtos, pousavasos, etiquetas de botellas de auga e de viño, abanos,... 

 Nesta VIª Exposición e Feira do Coleccionismo hai diversidade de materiais e variedade temática, o que fai que esta mostra ben mereza unha visita de vagar, tanto a nivel individual, como en familia ou cos amigos. Dese xeito, os organizadores constatarán que ademáis de sermos recolectores por natureza, tamén temos interese no contido cultural que unha mostra como esta posúe. E se cadra, mesmo pode motivar que nun intre dado tamén sintamos á chamada do coleccionismo. Se así fose, as portas da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa (S. F. e N. G.) están abertas tódolos sábados.

Participantes na VIª Exposición e Feira do Coleccionismo:

 Herminio Arocas Vázquez, etiquetas de viños e moedas euro; Alfonso Dorado Senra, tarxetas postais; Jorge Martínez Baz, sobres azúcar, tallas de madeira e tapas crema café; María Teresa Castro Martínez, marcapáxinas; José Ángel Gándara Rodríguez, pousavasos, tebeos e Historia Postal de A Guarda; Antonio Martínez Martínez, probas de luxo de filatelia; Marta Verde Rodríguez, caixas de mixtos e etiquetas de augas; Marina Rodríguez Alfonso, almanaques de bolsillo; Marcelino Portela Lorenzo, España Iº Centenario. Entretemento (Filatelia); Antonio Martínez Saracho, abanos; Fátima Pérez Sobrino, vacas; e José Carlos Fratttini Amorín, monumentos.

 GALERÍA DE IMAXES

Ningún comentario:

Publicar un comentario