25 de feb. de 2018

A GUARDA

Iº REENCONTRO DE EX ALUMNOS E PROFESORES DO INSTITUTO A SANGRIÑA

Tivo lugar o sábado día 24 de febreiro, a carón da praia Area Grande




Fotos: DG Events

Infogauda / A Guarda

 Cando algo se fai con agarimo e se pón toda a vontade, sai ben. E ben, non, senón o seguinte, foi o balanzo do Iº Reencontro de ex alumnos e profesores do Instituto de Ensino Secundario (IES) A Sangriña, de A Guarda. 



 O evento tivo lugar no restaurante Area Grande, a carón da praia do mesmo nome, o sábado día 24 de febreiro de 2018, e contou coa participación de alumnas/os e profes, e mesmo do ex bedel do devandito centro educativo.


 Iniciativas como esa, ben merecen ser vividas polos propios protagonistas e compartilas con todos os que nos sentimos partícipes da ledicia de contar con xóvenes - ainda que moitas/os delas/es xa asumiron responsabilidades como nais e pais - e con profisionais do ensino que non teñen ningún inconvinte en participar nun reencontro, onde as anécdotas tiveron oportunidade de ser revividas, e as boas ensinanzas tamén quedaron de manifesto, xunto coa lóxica ledicia que conleva un reencontro como ese, onde houbo oportunidade para botar unhas risas e disfrutar da festa. Que de feito, diso se trataba.

 Parabens as/os que asumiron a responsabilidade de organizalo e tamén a tódolas/os participantes. Con persoas así, hai futuro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario