13 de xan. de 2018

DEPORTES

ATLETISMO

SERGIO RODRÍGUEZ TEIXEIRA, ACADA SEU DUODÉCIMO TÍTULO DE CAMPIÓN GALEGO ABSOLUTO

Ademáis do récord dos 200 m. lisos, nos Campionatos de Galicia de Atletismo


Sergio Rodríguez Teixeira - no máis alto do podio - xunto a Javi Mañana - segundo clasificado - e  Javi Garcia e mais Iago Núñez, que compartiron o 3º posto
Foto: S.R.T.


Infogauda / Ourense

 Na pista cuberta da cidade de Ourense, onde esta fin de semana está tendo lugar o Campionato de Galicia de Atletismo, o atleta Sergio Rodríguez Teixeira, de A Guarda, ven de acadar o record na modalidade de 200 m. lisos, con un crono de con 21.98, e por suposto, a medalla de ouro. 

 A segunda posición foi para Javi Mañana, con 22.61, e medalla de prata, namentras que para a de  bronce, Javi García e Iago Núñez quedaron empatados con 22.69.

 Con este novo éxito deportivo, Sergio Rodríguez Teixeira, logra seu 12º titulo de campion galego absoluto. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario