6 de dec. de 2017

SALCIDOS

SALCIDOS PRESENTA O SEU LIBRO

· O venres día 22 de decembro as 20:30 horas, no salón de actos do Centro Cultural da Guarda, con entrada libre 

· O evento ademais servirá para que aqueles que adquiriron os vales poidan retirar xa o rematar o acto os libros, aínda que tamén o poderán facer nos establecementos que colaboraron na venta a partires do día seguinte
Portada do libro Salcidos en branco e negro - Album fotográfico da parroquia de Salcidos

Antonio Fontenla Martínez / Salcidos (A Guarda)

 Despois de meses de traballo, e froito do proxecto que naceu en xaneiro do 2013 a través dun grupo da rede social facebook “Salcidos en Blanco y Negro” os veciños de Salcidos queren presentar en sociedade o seu libro, un fermoso libro de imaxes onde os propios veciños son os protagonistas da historia, recollendo nas súas 192 páxinas unhas 400 fotografías coas que desfrutar revivindo xentes e recordos. 

 Este libro é froito da ilusión e do traballo dun grupo de veciños que quixeron recuperar o seu pasado e plasmalo nunha publicación que recollese, a través das imaxes, parte da historia dos seus amigos e familiares. O mesmo foi sufragado polas aportacións dos veciños que montaron o que eles mesmos bautizaron como “crowdfunding de aldea”, adquirindo por adiantado os libros a través duns vales. 


 A presentación será o venres 22 de decembro as 20:30 horas no salón de actos do Centro Cultural da Guarda, con entrada libre, onde tamén, o rematar un sinxelo acto duns 20 minutos aproveitaran a ocasión para proxectar, cortesía de Grupo Sanroquiño, a fantástica película “O Pisco” que trata do estraperlo entre España e Portugal a mediados do século pasado, e do que Goián, e tamén Salcidos, ten moito que contar... 

 O evento ademais servirá para que aqueles que adquiriron os vales poidan retirar xa o rematar o acto os libros, aínda que tamén o poderán facer nos establecementos que colaboraron na venta a partires do día seguinte. Haberá tamén algúns exemplares a venda para aqueles que non tiveron a oportunidade ou non quixeron compralo por adiantado. 

 Invitamos a todo o pobo de Salcidos e os nosos veciños, a participar con nos neste pequeno, pero para nos importante acto, no que queremos celebrar que parte do noso patrimonio fotográfico queda neste libro a bo recaudo.

TOMIÑO

O CONCELLO DE TOMIÑO RECOLLEU 4.000 QUILOS DE ROUPA USADA NOS ÚLTIMOS DOUS MESES 

NO MES NOVEMBRO AS VECIÑAS E VECIÑOS DEIXARON NOS NOVE CONTEDORES SITUADOS POR TODO O MUNICIPIO UN 40% MÁIS DE MATERIAL QUE EN OUTUBRO


Infogauda / Tomiño

 O servizo de recollida selectiva de roupa e téxtiles usados comeza tivo unha acollida moi boa por parte dos veciños e veciñas de Tomiño. Nos dous primeiros meses de funcionamento desta iniciativa, o Concello xa recolleu preto de 4.000 quilos de material téxtil, unha cifra moi elevada que o goberno municipal agarda manter e incluso superar nos vindeiros meses. 

 O  éxito do servizo parece ir aumentando co paso do tempo, xa que a recollida no mes de novembro medrou un 40% respecto da do mes de outubro, en gran parte grazas a que as tomiñesas e tomiñeses van coñecendo onde están situados os diferentes colectores e facendo un uso cada vez máis crecente do servizo. Neles poden deixarse para reciclar tanto roupa usada como calzado e tecidos empregados no fogar.  

 O Concello de Tomiño puxo a disposición da cidadanía un total de 9 contedores colocados en zonas de paso ou servizos empregados con frecuencia. Así, os colectores están situados preto do Auditorio e no aparcamento do colexio de Goián, nas pistas deportivas de Mosteiro, no aparcamento da rúa Daniel Calzado, da Farmacia de San Salvador de Tebra e do colexio de Sobrada. Polo momento os datos confirman que todas as localizacións seleccionadas funcionan ben, con cifras de recollida moi semellantes, destacando sobre todo as elevadas cantidades de material depositadas nos colectores do núcleo urbano de O Seixo e de Carregal.  

 Dende a Concellería de Medio Ambiente fan unha valoración moi positiva dos primeiros dous meses deste servizo de recollida selectiva, adxudicado mediante proceso aberto á empresa TEXLIMCA S.A tras avaliar tanto variables relacionadas coa calidade da recollida como aquelas asociadas a obxectivos de recuperación do téxtil recollido, intentando que este non volva a ser incorporado aos procesos regulares de recollida e tratamento de SOGAMA. 

 Unha aposta pola reciclaxe 

 Esta iniciativa constitúe un paso máis no proceso de implantación de novas recollidas selectivas no concello tomiñés co obxectivo final de diminuír a cantidade de lixo que vai ao colector verde, rebaixando tanto os custes económicos como medioambientais e ecolóxicos. Entre as medidas adoptadas para conseguilo están a renovación e ampliación do sistema de reciclaxe de aceites de cociña usados, con un total de 10 contedores nos que os veciños xa poden deixar os aceites en botellas de plástico reutilizadas e non de xeito directo como ata o de agora. Dende o ano 2014 lévanse recollidos a través destes colectores máis de 3.850 litros de aceite, 1.300 o ano pasado.  

 Ademais, o concello conta con outros 210 colectores de recollida de envases, 96 de vidro e 76 de papel e cartón, así como de pilas, das que se reciclaron máis de 316 quilos no que vai de ano. En 2016, Tomiño reciclou a través destes contedores 218.006 quilos de vidro, 113 toneladas de envases e 106 toneladas de papel e cartón, aos que hai que sumarlles as 20 toneladas recadadas a través da recollida directa en negocios que producen grandes cantidades deste material.

TOMIÑO / VILA NOVA DE CERVEIRA

TOMIÑO E CERVEIRA ORGANIZAN UN OBRADOIRO PARA ANALIZAR DISTINTAS EXPERIENCIAS DE COOPERACIÓN TRANSFRONTEIRIZA 

A ACTIVIDADE TERÁ LUGAR O VINDEIRO 13 DE DECEMBRO DE 15.00 A 17.00 HORAS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE VILA NOVA DE CERVEIRA

Biblioteca Municipal de Vila Nova de Cerveira
Foto: C. T.

Infogauda / Tomiño / Vila Nova de Cerveira

 Ao abeiro do proceso do Orzamento Participativo Transfronteirizo 2018, incluído na Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Amizade Tomiño-Cerveira, o vindeiro 13 de decembro organízase no concello luso un obradoiro no que se analizarán distintas experiencias de democracia participativa e cooperación transfronteiriza. 

 Trátase dunha tarde de traballo na Biblioteca Municipal de Vila Nova de Cerveira á que está invitada toda a cidadanía de ambos os dous municipios e na que se realizarán dúas mesas redondas na que participarán ata seis expertos que contarán as súas experiencias en distintos proxectos.  

 Deste xeito, a sesión comezará ás 15.00 horas cun acto de benvida no que participará a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e a concelleira da Cámara Municipal de Cerveira Aurora Vilaes. A primeira mesa redonda centrarase no papel do Valedor do Pobo na participación pública e nela intervirán a Valedora do Pobo de Galicia, Milagros Otero, e as valedoras transfronteirizas Cerveira-Tomiño Zara Pouza e María de Lurdes Cunha.  

 A segunda parte do taller centrarase nas experiencias de participación pública e cooperación transfronteiriza e contará coa presenza do profesor da Universidade de Santiago de Compostela Juan Manuel Santamanina e cos membros da OPT Amizade Cerveira-Tomiño Elisabet de Santiago, que presentará un balance da primeira edición do Orzamento Participativo Transfronteirizo, e de Sónia Antunes, que presentará os proxectos para 2018.  

 A xornada pechará as súas portas ás 17.00 horas cunha degustación de doces de ambos os dous municipios e coa actuación do Coro Infantil de Tomiño e do Coro Infanto-Xuvenil de Cerveira.  

 O Orzamento Participativo Transfronteirizo é un proxecto pioneiro na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal que busca implicar á poboación de Cerveira e Tomiño na procura de solucións para necesidades comúns. Está incluído na Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Amizade Tomiño-Cerveira, proxecto cofinanciado ao 75% polo Programa INTERREG VA POCTEP, fondos FEDER da Unión Europea.

PESCA

A Xunta de Galicia convoca os exames para as titulacións de mariñeiro pescador, patrón local de pesca e patrón costeiro polivalente 

As probas teóricas e prácticas realizaranse no vindeiro mes de abril no Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo, a Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol e a Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira

Infogauda / Galicia

 A Consellería do Mar vén de convocar os exames ordinarios de carácter libre (non é preciso realizar un curso previo) para as titulacións de mariñeiro pescador, patrón local de pesca e patrón costeiro polivalente. A convocatoria e demais documentación precisa para concorrer a estas probas está publicada na web da Consellería.
 Os exames teóricos e prácticos realizaranse nos seguintes centros: Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico, en Vigo; Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol e Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira e o prazo para matricularse en calquera dos exames vai do 29 de xaneiro ao 28 de febreiro, ambas datas incluídas.
 No caso da titulación de mariñeiro pescador, o exame teórico-práctico terá lugar o día 13 de abril nos tres centros. Para a titulación de patrón local de pesca (sección máquinas) o exame será o vindeiro 9 de abril e a proba para a titulación de patrón local de pesca (sección ponte e común) será o día 10 de abril.
 Por último, o exame para a titulación de patrón costeiro polivalente (sección ponte) será o 12 de abril. Nesta mesma titulación (sección máquinas) a proba teórica programouse para o 11 de abril.
As persoas candidatas solicitarán a correspondente matrícula, terán que cumprimentar a solicitude que figura como anexo II da Orde do 31 de xullo de 2014 e cumprirán as condicións de acceso establecidas para as distintas titulacións. O modelo de solicitude está dispoñible na Guía de Procedementos e Servizos premendo eiquí. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica, pero tamén poderán tramitarse en soporte papel ou formalizarse directamente nos centros oficiais de ensino pesqueiro onde se examinen os aspirantes.
 Unha vez finalizado o prazo de solicitude de inscrición, farase pública a listaxe provisional dos aspirantes admitidos e excluídos na páxina web da Consellería do Mar e nos taboleiros de anuncios de cada centro oficial de ensino pesqueiro, dando un prazo de 10 días hábiles para que os excluídos poidan emendar as deficiencias.

PONTEVEDRA

O PP critica que mentres as demais deputacións se coordinan coa Xunta para o novo modelo de emerxencias, a presidenta da de Pontevedra está totalmente desaparecida  

• “Desconfiamos que os informes dos técnicos, aos que o Goberno Provincial non deixa que acceda o Partido Popular, din o contrario do que dixo ata o momento Carmela Silva publicamente, de maneira que nin o servizo resultaría máis barato nin se garante que se manteñan todos os postos de traballo actuais”. 

Ángel Moldes Martínez, voceiro do PP de Pontevedra

Infogauda / Pontevedra

 O voceiro do PP de Pontevedra, Ángel Moldes Martínez, lamenta o atraso que leva a Deputación de Pontevedra con respecto as demais deputacións, como a de Lugo ou A Coruña en materia de emerxencias. “Carmela Silva chegou á Deputación de Pontevedra coa promesa de transformar o servizo de emerxencias e que pasase a xestionarse directamente pola Administración, pero agora nin está nin se lle espera. Mentres as demais deputacións se están coordinando coa administración autonómica, a presidenta da Deputación de Pontevedra está totalmente desaparecida”.   

 Os populares cren que son varias as razóns as que vencellan o mutismo de Carmela Silva sobre esta cuestión. A primeira, segundo Ángel Moldes, é que o Goberno Provincial nunca pensou que a Xunta de Galicia fose permitir a xestión directa dos parques.   

 Unha segunda razón que levaría á presidenta Carmela Silva a perder agora de repente todo o interese en mellorar o servizo de emerxencias podería ser, segundo sospeitan os populares,  que o a xestión directa non sexa, como ela dixo en varias ocasións, menos custosa que a xestión indirecta. “Desconfiamos que os informes dos técnicos, aos que o Goberno Provincial non deixa que acceda o Partido Popular, din o contrario do que dixo ata o momento Carmela Silva publicamente, de maneira que nin o servizo resultaría máis barato nin se garante que se manteñan todos os postos de traballo actuais”. 

 Nesta liña, Ángel Moldes, sinala que o que si está demostrado con feitos e á vista da pouca colaboración da Deputación de Pontevedra é que non teñen ningún interese en mellorar o servizo de emerxencias na provincia. 

 “Agora que o cambio de formato está xa plantexado e que as demais deputacións comezaron a dar pasos en firme para que a xestión directa sexa unha realidade, optando polo diálogo e a cooperación, demostrouse que o único que fixo a Deputación de Pontevedra ata o momento foi instrumentalizar politicamente o tema de bombeiros, porque parece o único no que son especialistas é na confrontación e en parecer que fan, cando a realidade é que a súa xestión e cooperación é nula”, explica Moldes.   

 O mesmo se pode dicir do seu nulo interese en abordar a comarcalización dos parques de bombeiros da provincia. O que transloce esa actitude é que a prioridade da Deputación é confrontar coa Xunta de Galicia e que mellorar o modelo de emerxencias non lle interesa en absoluto se iso supón chegar a acordos coa Administración autonómica.

ARCOS DE VALDEVEZ

Casa Nobre: um Património para o Futuro

V Congresso Internacional  superou expectativas  

· “Arcos de Valdevez pode assumir a ideia de capital da Casa Nobre” - Armando Malheiro da Silva, Presidente da Comissão Científica  

· Edição de 2017 foi a edição com maior participação de sempre de comunicantes e inscritos

O Presidente da Câmara Municipal, João Esteves realçou a importância da História e da recuperação do património edificado do concelho como elementos relevantes na estratégia de desenvolvimento ao nível da reabilitação de património


María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

  Nos passados dias 30 de Novembro, 1 e 2 de Dezembro, decorreu na Casa das Artes concelhia a 5ª edição do Congresso Internacional subordinado à temática Casa Nobre: um Património para o Futuro, dando desta forma seguimento a um projeto consolidado de estudo das temáticas: Memória Histórica: História da Família, Genealogia, Documentação Familiar e Heráldica; Arquivos e documentação familiares; Património Construído: estudos, defesa e valorização e Turismo e Desenvolvimento Regional.

Na sessão de abertura deste fórum o Presidente da Câmara Municipal, João Esteves realçou a importância da História e da recuperação do património edificado do concelho como elementos relevantes na estratégia de desenvolvimento ao nível da reabilitação de património, turismo e economia, bem como da afirmação da identidade local e orgulho em Arcos de Valdevez. O autarca lembrou os projetos de reabilitação de património construído e imaterial tais como o Paço de Giela, a Igreja Matriz; a recuperação da Igreja do Espírito Santo para Centro interpretativo do Barroco, o projeto das oficinas de criatividade Padre Himalaya, o qual prevê a criação de um espaço dedicado à figura e legado de um dos maiores cientistas e visionários portugueses da viragem do século XIX, Padre Manuel Himalaya; o projeto de valorização da Arte rupestre do Gião, o Portal da Memória arcuense, o qual se destina a trabalhar temáticas relativas à memória e ao património do concelho; as publicações municipais; e ainda do Projeto das Casas Armoriadas, projeto que já conta com mais de 30 anos de existência e cujos elementos têm estado diretamente envolvidos na organização destes encontros.

 O autarca incentivou a organização a realizar o sexto congresso, afirmando que esta é uma iniciativa a dar continuidade, pois “só através do passado é possível dar continuidade ao futuro” e “esta é uma História com Futuro”.

 A quinta edição do Congresso teve neste ano a maior participação de sempre de comunicantes e inscritos, tendo passado pelos auditórios da Casa das Artes cerca de 100 comunicações e quatro palestras nas quatro áreas temáticas do congresso.


 Ao nível da Memória Histórica: História da Família, Genealogia e Heráldica, contou com a intervenção do catedrático espanhol de História Medieval Rafael Sanchez Saus, com a intervenção "El concepto de solar en la nobleza medieval del sur de espafia"; na temática de Património: Estudos, Defesa e Valorização, com João Vieira Caldas, do IST da Universidade de Lisboa, através da intervenção "O papel do Conhecimento na defesa e valorização da Casa Nobre - novos contributos da Investigação face a velhos problemas"; na temática de Arquivos e Documentação Familiares, com o Diretor Criativo da Community Sites, Jack Latimer, através da palestra "Bringing History to Life: Community Archives in the UK and Ireland"; na temática do Turismo e Desenvolvimento Regional, com a intervenção do Diretor da Licenciatura em Turismo da UTAD, Xerardo Pereiro Perez, que abrodou a "Turiperegrinação no Caminho Português Interior de Santiago de Compostela".

 O programa contou ainda, entre outros, com a apresentação do novo volume do projeto das Casas Armoriadas do Concelho de Arcos de Valdevez, dedicado a Casal do Paço, bem como com a apresentação da versão digital e online das Atas do Congresso anterior, e ainda a atribuição do Prémio D. Fernando José Mascarenhas, vulto cultural e de inigualável importância na defesa do património e da História, falecido em 2014, atribuído no âmbito das comunicações apresentadas.

ARCOS DE VALDEVEZ

Câmara Municipal apoia as famílias


María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

O Município, atento às dificuldades das famílias e jovens do concelho aprovou um conjunto de medidas de apoio social, tais como:

a) o IMI familiar, ou seja, todas as reduções de taxas do imposto municipal sobre imóveis que vigorar no ano de 2018, a aplicar ao prédio ou parte de prédio dos sujeitos passivos com dependentes a cargo, sendo que com um dependente a cargo a dedução será fixa em 20€; com dois em 40€ e com 3 ou mais em 70€.
b) a redução de 50% de redução da Taxa de ligação de água e saneamento.
c) os jovens terão isenção de IMT nas aquisições de casas;
d) promove a melhoria das condições de habitabilidade de agregados familiares carenciados;
e) concede apoios económicos para pagamento de dívidas de rendas e água;  
f) o Realojamento em habitação social e a Reabilitação de Habitações para Arrendamento Jovens, tendo recuperado uma habitação no centro histórico com a possibilidade de alojar 4 agregados.
Atualmente também realiza o transporte de pessoas com deficiência para frequência de resposta social.
No âmbito da Educação também pretende contribuir para a melhoria da qualificação dos jovens arcuenses. Encontra-se a fomentar um reforço do apoio nas refeições escolares e nos transportes escolares; o apoio aos alunos do ensino básico na atribuição gratuita de livros e fichas de trabalho; a realização de atividades de enriquecimento curricular (AEC`s) com oferta de material didático; o reforço da componente de apoio à família para o pré-escolar nomeadamente através do prolongamento do horário; a atribuição de bolsas de estudo aos alunos do Ensino Superior e a promoção da mobilidade e intercâmbio juvenil.
Também renovou o protocolo com a Associação de Pais e Encarregados de Educação visando a redução de 30% na utilização da Piscina Municipal. A Câmara também aderiu ao Cartão Jovem Municipal, dirigido aos jovens residentes no concelho, com idade entre os 12 e os 29 anos (inclusive) e concede várias vantagens ao nível da aquisição de bilhetes para espetáculos na Casa das Artes e outras situações.
 Ao nível da população sénior desenvolve um conjunto de ações, nomeadamente a promoção do exercício físico, através do projeto “Séniores + Ativos”,  caminhadas, passeios culturais, Olimpíadas Séniores, a promoção do convívio e lazer. Foi criada a Comissão de Apoio à População Idosa, a qual tem como principal missão a intervenção junto de idosos em situação de vulnerabilidade social; a melhoria dos cuidados prestados no domicílio, a eliminação de barreiras arquitetónicas nos espaços públicos e nos domicílios.

 Estas medidas beneficiam as famílias no nosso concelho e ajudam a criar condições que promovam o desenvolvimento económico e social de Arcos de Valdevez, aliviando particularmente a carga fiscal sobre as famílias, um sinal concreto de sensibilidade social e política. Contribuem também para o aumento das disponibilidades do orçamento familiar dos arcuenses e para o fortalecimento da intervenção social, cultural, recreativa e desportiva no Concelho.

ARCOS DE VALDEVEZ

Ardal-Porta do Mezio vai organizar Almoço Vegetariano  


María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 A Ardal-Porta do Mezio vai organizar, no próximo dia 8 de Dezembro, o segundo almoço vegetariano. 

 As escolhas alimentares têm um impacto muito forte na nossa saúde, no meio ambiente, na economia e no bem-estar animal. Estarmos plenamente conscientes das nossas escolhas e das suas consequências dá-nos o poder de tomar decisões mais éticas e contribuir para a nossa saúde e para a saúde do planeta.  

 Consciente que os produtos locais são, sem dúvida, um dos fatores estruturantes no desenvolvimento dos territórios rurais, a organização deste almoço visa promover e valorizar a sua produção, a qual está muito ligada aos ritmos da natureza e ao saber-fazer tradicional, contribuindo para a preservação da paisagem e a sua identidade. 

 Este evento tem como objetivo permitir a comunicação e partilha de experiências sobre a busca de um estilo de vida mais saudável e equilibrado. Este almoço vai-se realizar na Porta do Mezio e será aberto ao público em geral e terá um custo associado de 10€. 

 Os interessados devem inscrever-se em www.portadomezio.pt ou através do telefone n.º 258 510 100 ou ainda através do correio eletrónico: portadomezio@ardal.pt

TUI

VI CAMIÑADA SOLIDARIA 2017

Domingo día 17 de decembro de 2017, ás 10:00 h., desde o Palco da Música - Tui


A GUARDA

A Praza de Abastos da vila conta cun ascensor panorámico

O alcalde Antonio Lomba Baz, con Monserrat Magallanes Álvarez e Miguel Ángel Español Otero, 2ª e 1º tenente de alcalde, respectivamente
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O concello da Guarda acaba de por en funcionamento un ascensor acristalado na Praza de Abastos que conecta os dous andares. Desta maneira haberá unha comunicación accesible entre todos os postos da praza. 

 A obra foi financiada a través do plan concellos da Deputación de Pontevedra cunha achega do 70% e pola Xunta de Galicia que puxo o 30 %. 

 Desde o executivo municipal indican que esta actuación forma parte do proxecto de reforma da Praza de Abastos, unha proposta moito máis ambiciosa que, dados os recortes que a Xunta fixo nos últimos anos na subvención á reformas de mercados, non foi posible realizar. 

 O proxecto orixinal contemplaba ademais do ascensor, a reforma dos baños actuais, a construción duns novos baños na planta superior e a instalación de portas automáticas na planta baixa. Completando estas obras cun proxecto de escaparatismo. 

 O concello seguirá traballando para acometer as reformas que quedan pendentes, sobre todo as que contemplan a eliminación de barreiras arquitectónicas e mellora da accesibilidade.

A GUARDA

A Praza de Abastos «vístese» de Nadal grazas ao traballo conxunto dos praceiros 

Na imaxe algúns dos praceiros participantes no obradoiro de Nadal orientado á decoración da Praza de Abastos
Fotos: C. A. G.

Infogauda / A Guarda

 O Concello da Guarda promoveu dende mediados de novembro un obradoiro de Nadal orientado á decoración da Praza de Abastos por parte dos propietarios dos establecementos, co obxectivo de ofrecer unhasinal de identidade propia do mercado guardés e favorecer a colaboración e o traballo en común. 


 O taller, coordinado por unha empresa local de formación e informática, constou de cinco sesións formativas guiadas pola asesora en escaparatismo e formadora Patricia Maquieira Franco, nas que participaron boa parte dos praceiros guardeses. Así, as persoas participantes dedicaron un total de 8 horas á planificación e elaboración de diversos obxectos de decoración centrados na temática propia do Nadal, namentres durante a mañá do martes, 5 de decembro, procederon á colocación dos deseños para goce dos veciños. 

 Guirnaldas, árbores e mesmo un photocall, entre moitos outros obxectos decorativos, poden verse e desfrutarse dende onte e ata o remate do Nadal, alegrando os postos e os espazos comúns da Praza de Abastos da Guarda.

A GUARDA

Presentado o plan de mellora da accesibilidade no concello de A Guarda realizado por COGAMI

O alcalde de A Guarda o vicepresidente de COGAMI presentaron os resultados dun informe que analizou exhaustivamente a accesibilidade de espazos urbanos no concello 
Foto: C. A. G. 


Infogauda / A Guarda


 O alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, e o vicepresidente 1º da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), Ramón Sestayo Lestón, presentaron o Plan Director de Mellora da Accesibilidade Universal do Concello de A Guarda, un documento que analiza como está a situación actual en relación coa accesibilidade nas rúas deste núcleo urbano, e cales deben ser as posibles actuacións que habería que acometer para mellorala. 

 O plan contempla o estudo das rúas do centro da vila, o centro de saúde, o porto e as praias. No proxecto propóñense actuacións puntuais e areas de actuación para deseñar itinerarios accesibles. Esta proposta ven a complementar outros proxectos que se están acometendo dende o concello que teñen como obxectivo mellorar a mobilidade e a accesibilidade na Guarda para facela máis cómoda e atractiva á cidadanía.  

 O informe foi entregado despois de que un equipo técnico, integrado por 3 arquitectos e 2 persoas con master en accesibilidade de COGAMI, estivera durante catro meses analizando in situ, tanto as rúas como os espazos do concello. Para levar adiante este plan, contaron tamén coas aportacións de entidades de persoas con discapacidade, técnicos municipais de urbanismo e representantes políticos do Concello.  

 “É un plan que está pensado para todo o mundo, A accesibilidade non é un tema específico das persoas con discapacidade, é para a sociedade no seu conxunto”, explicou o vicepresidente de COGAMI -

 En palabras do alcalde “este informe supón unha folla de ruta ou manual par que as actuacións que se fagan a partir de agora no concello se fagan con criterio, para que calquera persoa poida moverse pola vila”.  

 A mellora da calidade de vida dos veciños, revitalizar o entorno urbano, facilitar o tránsito de peóns, favorecer o deseño urbano para as persoas, crear espazos libres, suprimir as barreiras arquitectónicas e urbanísticas ou converter a A Guarda nun concello de referencia en materia de accesibilidade, son algúns dos obxectivos marcados á hora de deseñar este plan.  

 Tras esta análise exhaustiva, o documento final especifica de forma detallada as intervencións que deben facerse co fin de que os espazos públicos permitan circular a todas as persoas. 

 A relevancia das actuacións está baremada nunha puntuación comprendida de 1 ao 10, tomando como referencia a puntuación máis alta para aqueles lugares que teñen maior prioridade para ser intervidos, aqueles que deben ser arranxados con maior urxencia.  

 O informe tamén recolle o orzamento que sería necesario para acometer cada unha das intervencións nestas zonas analizadas, o que suporía unha inversión aproximada de 759.000 euros, segundo consta no documento presentado. 

 Existen outras áreas que deben ser consideradas como especiais, porque para que se fagan accesibles é necesarios reurbanizar para resolver problemática como os anchos mínimos de itinerarios, tramos de forte desnivel, anchos e discontinuidades en itinerarios peonís, establecemento de prioridades peonís,…. Estas melloras precisarían contar cun orzamento que pode chegar ao 1.304.117 € de investimento.  

 Así mesmo o documento tamén recolle unha guía de boas practicas que recompila a normativa de aplicación e as recomendacións a ter en conta baseadas na experiencia de usuario das persoas con discapacidade. 

 O obxectivo desta guía e que sexa de aplicación en futuras obras levadas a cabo polo Concello contemplando desta maneira a Accesibilidade Universal.