Curso de Pilates para mulleres
Programa "+Xuntas" 2025
Natalia González / A Guarda
Érguete Baixo Miño convídate a participar no curso de Pilates do programa "+Xuntas" da Deputación de Pontevedra. Unha oportunidade para mellorar o teu benestar, conectar co teu corpo e mente, e crear lazos nunha contorna de apoio mutuo.
Qué conseguirás con este curso?
Mellorar o estado do corpo e da mente con exercicios baseados no método Pilates: á forza, flexibilidade, control e estabilidade.
Horario e duración
Inicio: luns 15 de setembro de 2025.
Horario: luns de 17:30 a 19:30 h.
Duración total: 35 horas (inclúe un módulo de 5 horas sobre sensibilización en igualdade).
Fin: luns 29 de decembro de 2025.
Detalles e inscrición
Organiza: Asociación Érguete Baixo Miño.
Prezo: 7 € por participante.
Prazas: Máximo 15 persoas (requírese un mínimo de 12 para iniciar o curso).
Requisitos: Aberto a mulleres maiores de 16 anos.
Inscrición: Contacta directamente con Érguete Baixo Miño para reservar a túa praza.
info@erguete.org / 647 66 18 49
Que necesitas traer?
Só tes que vir con roupa e calzado cómodos.
Proporcionarase as esteiras antideslizantes.
Promove: Deputación de Pontevedra
Organiza: Asociación Érguete de Prevención das Condutas Aditivas e de Educación e Promoción da Saúde no Baixo Miño
Ningún comentario:
Publicar un comentario