6 de dec. de 2017

SALCIDOS

SALCIDOS PRESENTA O SEU LIBRO

· O venres día 22 de decembro as 20:30 horas, no salón de actos do Centro Cultural da Guarda, con entrada libre 

· O evento ademais servirá para que aqueles que adquiriron os vales poidan retirar xa o rematar o acto os libros, aínda que tamén o poderán facer nos establecementos que colaboraron na venta a partires do día seguinte
Portada do libro Salcidos en branco e negro - Album fotográfico da parroquia de Salcidos

Antonio Fontenla Martínez / Salcidos (A Guarda)

 Despois de meses de traballo, e froito do proxecto que naceu en xaneiro do 2013 a través dun grupo da rede social facebook “Salcidos en Blanco y Negro” os veciños de Salcidos queren presentar en sociedade o seu libro, un fermoso libro de imaxes onde os propios veciños son os protagonistas da historia, recollendo nas súas 192 páxinas unhas 400 fotografías coas que desfrutar revivindo xentes e recordos. 

 Este libro é froito da ilusión e do traballo dun grupo de veciños que quixeron recuperar o seu pasado e plasmalo nunha publicación que recollese, a través das imaxes, parte da historia dos seus amigos e familiares. O mesmo foi sufragado polas aportacións dos veciños que montaron o que eles mesmos bautizaron como “crowdfunding de aldea”, adquirindo por adiantado os libros a través duns vales. 


 A presentación será o venres 22 de decembro as 20:30 horas no salón de actos do Centro Cultural da Guarda, con entrada libre, onde tamén, o rematar un sinxelo acto duns 20 minutos aproveitaran a ocasión para proxectar, cortesía de Grupo Sanroquiño, a fantástica película “O Pisco” que trata do estraperlo entre España e Portugal a mediados do século pasado, e do que Goián, e tamén Salcidos, ten moito que contar... 

 O evento ademais servirá para que aqueles que adquiriron os vales poidan retirar xa o rematar o acto os libros, aínda que tamén o poderán facer nos establecementos que colaboraron na venta a partires do día seguinte. Haberá tamén algúns exemplares a venda para aqueles que non tiveron a oportunidade ou non quixeron compralo por adiantado. 

 Invitamos a todo o pobo de Salcidos e os nosos veciños, a participar con nos neste pequeno, pero para nos importante acto, no que queremos celebrar que parte do noso patrimonio fotográfico queda neste libro a bo recaudo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario