O CONCELLO DE TOMIÑO RECOLLEU 4.000 QUILOS DE ROUPA USADA NOS ÚLTIMOS DOUS MESES
NO MES NOVEMBRO AS VECIÑAS E VECIÑOS DEIXARON NOS NOVE CONTEDORES SITUADOS POR TODO O MUNICIPIO UN 40% MÁIS DE MATERIAL QUE EN OUTUBRO
Infogauda / Tomiño
O servizo de recollida selectiva de roupa e téxtiles usados comeza tivo unha acollida moi boa por parte dos veciños e veciñas de Tomiño. Nos dous primeiros meses de funcionamento desta iniciativa, o Concello xa recolleu preto de 4.000 quilos de material téxtil, unha cifra moi elevada que o goberno municipal agarda manter e incluso superar nos vindeiros meses.
O éxito do servizo parece ir aumentando co paso do tempo, xa que a recollida no mes de novembro medrou un 40% respecto da do mes de outubro, en gran parte grazas a que as tomiñesas e tomiñeses van coñecendo onde están situados os diferentes colectores e facendo un uso cada vez máis crecente do servizo. Neles poden deixarse para reciclar tanto roupa usada como calzado e tecidos empregados no fogar.
O Concello de Tomiño puxo a disposición da cidadanía un total de 9 contedores colocados en zonas de paso ou servizos empregados con frecuencia. Así, os colectores están situados preto do Auditorio e no aparcamento do colexio de Goián, nas pistas deportivas de Mosteiro, no aparcamento da rúa Daniel Calzado, da Farmacia de San Salvador de Tebra e do colexio de Sobrada. Polo momento os datos confirman que todas as localizacións seleccionadas funcionan ben, con cifras de recollida moi semellantes, destacando sobre todo as elevadas cantidades de material depositadas nos colectores do núcleo urbano de O Seixo e de Carregal.
Dende a Concellería de Medio Ambiente fan unha valoración moi positiva dos primeiros dous meses deste servizo de recollida selectiva, adxudicado mediante proceso aberto á empresa TEXLIMCA S.A tras avaliar tanto variables relacionadas coa calidade da recollida como aquelas asociadas a obxectivos de recuperación do téxtil recollido, intentando que este non volva a ser incorporado aos procesos regulares de recollida e tratamento de SOGAMA.
Unha aposta pola reciclaxe
Esta iniciativa constitúe un paso máis no proceso de implantación de novas recollidas selectivas no concello tomiñés co obxectivo final de diminuír a cantidade de lixo que vai ao colector verde, rebaixando tanto os custes económicos como medioambientais e ecolóxicos. Entre as medidas adoptadas para conseguilo están a renovación e ampliación do sistema de reciclaxe de aceites de cociña usados, con un total de 10 contedores nos que os veciños xa poden deixar os aceites en botellas de plástico reutilizadas e non de xeito directo como ata o de agora. Dende o ano 2014 lévanse recollidos a través destes colectores máis de 3.850 litros de aceite, 1.300 o ano pasado.
Ademais, o concello conta con outros 210 colectores de recollida de envases, 96 de vidro e 76 de papel e cartón, así como de pilas, das que se reciclaron máis de 316 quilos no que vai de ano. En 2016, Tomiño reciclou a través destes contedores 218.006 quilos de vidro, 113 toneladas de envases e 106 toneladas de papel e cartón, aos que hai que sumarlles as 20 toneladas recadadas a través da recollida directa en negocios que producen grandes cantidades deste material.

Ningún comentario:
Publicar un comentario